Eduardo Pondal revisitado no ‘Hino de Galiza’ de El Puto Coke

En plena actualización de artigos do arquivo deste blogue, que precisa unha revisión de ligazóns, vídeos e outros materiais que logo de tanto tempo foron caendo ou sendo eliminados da rede, din coa nova da publicación do novo álbum do rapeiro vigués El Puto Coke, que en Coke Céspedes fai unha nova versión hip hopeira do himno galego, que nos remite a dúas entradas (unha e dúas) do primeiro ano de vida do Caderno de Lingua.

En Galiciaflow dánnos máis detalles do tema (as colaboracións son de luxo):

Segundo nos conta o propio Coke, esta canción conta cun sample do grupo Ialma (fillas de emigrantes galegos en Bélxica), con guitarras de Isaac GarabatosWöyza nos coros, Dj Fabián nos scratches e Anxo Lorenzo á frauta e á gaita. Ademáis, ó comezo do tema colabora o grupo afrocubano Cabildo Componedor ás voces e á percusión.

El Puto Coke, que nos últimos anos produciu rapeir@s do colectivo Licor Café como Wöyza, que tamén participa neste novo disco xunto a artistas como Iván Ferreiro (coñecedes Bocata e futbolín? Canción obrigada para a Xeración Xabarín) e Gran Purismo (obrigada tamén a recreación da infancia de Pardeconde que popularizou o necesario Aberto por reformas de Xurxo Souto), xa transitara polo galego con temas como “Irmán” ou “G-g-A-a-LEGO”, letras combativas que chaman polo orgullo e combaten os prexuízos.

Seguro que os/as compañeiros de Son de Poetas, a antoloxía da poesía galega musicada, non han tardar en engadir esta nova versión do poema de Pondal nese proxecto que xa é referencial para as aulas de lingua e literatura.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s