O Valedor xa ten a quen lle escribir

A cousa comezou tal que así, foi recollida desta maneira tan obxectiva polos medios e provocou numerosas reaccións, mais sobre todo unha, compracente e parcial, que rematou nisto. Daquela, moitas persoas e entidades diversas queixáronse ante o Valedor do Pobo, que aínda que non acostuma tramitar as denuncias sobre a discriminación que padecen os galegofalantes, e nin sequera as queixas feitas contra el mesmo, parece que remitiu nos días pasados unha resposta tipo (cónstame que houbo queixas formuladas dende diferentes puntos de vista) na que trata de xustificar a súa actuación con escusas de mal pagador, como que non ordenou retirar o libro (o político que orixinou a denuncia dixo o mesmo) e, como sinala no último parágrafo, que o libro en cuestión non é moi rigoroso xa que nun mapa se sitúa Compostela á altura das Mariñas; descoñece que Vicens Vives é unha das editoriais con máis solvencia científica entre os docentes da área de Coñecemento do Medio, Ciencias Sociais e Xeografía e Historia? Se de erros falamos (e nun libro de texto pode habelos se temos en conta que traballan moitas mans: autores, ilustradores, maquetadores, correctores, etc.), podía comezar por revisar os seus propios textos.

Vaiamos unha vez máis á Carta Xeométrica para dispoñer dunha análise lúcida e novidosa da resposta do Valedor: 3.1 versus 5.1.

Contestación do Valedor do Pobo libro censurado páx, 1 by romanlandin
Contestación do Valedor do Pobo libro censurado páx, 2 by romanlandin

2 respostas a “O Valedor xa ten a quen lle escribir

  1. Villanueva Segade, Luísa

    É incrible a cantidade de erros que aparecen na páxina oficial do Valedor. Realmente rigor lingüístico ningún. Haberá que enviar novas queixas para que corrixan a súa páxina. Tamén é indignante a facilidade con que se desacredita unha editorial que realiza libros de gran calidade, como Vicens Vives, con argumentos tan tendenciosos e faltos de rigor.

  2. Fas máis referencias ao meu blogue que un escolástico á Biblia. Grazas.
    Hai un aspecto moi curioso que compría que alguén debullara con vagar, e que foi o que máis me chamou a atención. Trátase da curiosa vocación didáctica do Valedor (remítome ás súas palabras da contestación que nos dou)

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s