Divulgación de Alexandre Bóveda

A Agrupación Cultural Alexandre Bóveda da Coruña ofrece de balde para os centros escolares unha charla divulgativa sobre a figura do intelectual galeguista que lle dá nome ao colectivo cando se cumpren os 75 anos do seu fusilamento.

Roberto Catoira, presidente da entidade e profesor de historia na Coruña, ou familiares do propio Bóveda no caso das provincias de Ourense e Pontevedra, serán os encargados de impartir, sen custe ningún para os centros, esta palestra, que se apoia na seguinte presentación audiovisual.

Así mesmo, o colectivo editou un cómic (Alexandre Bóveda, unha vida por Galiza, de Raimundo Martínez Fraga e Alberto Vázquez) que relata a vida de Bóveda e do que se levarían algúns  exemplares para o alumnado.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s