emoción+acción

Cun chisco de sabor a despedida persoal, ao remate do curso facía un pequeno balance da serie O meu Son, un dos pés cos que camiñou SonCine ao longo dun curso intenso no que fomos argallando diversas iniciativas (cinefórum, Encontro do Audiovisual Galego, XII Premio Leixaprén…) ao redor dun proxecto interdisciplinar e autoxestionado centrado na formación audiovisual do alumnado.

Do tempo de SonCine, que naceu no ano 2006, e análogos en boa medida, son o Certame Xosé A. Barral  e a Orquestra Orff do IES As Bizocas do Grove, a quen lle teño dedicado algunhas entradas neste blogue, non por acaso asistín á súa xestación naquel curso tan produtivo e especial para min por moitos motivos. Creo que non hai nada mellor ca este vídeo da factoría Orff para coñecer esta iniciativa singular e valorar o seu traballo.

Moitos parabéns a Seso Durán e demais profesorado implicado e, sobre todo, aos rapaces e rapazas das Bizocas.

Vodpod videos no longer available.

1st collector for Musicando Arbo
Follow my videos on vodpod

2 respostas a “emoción+acción

  1. Grazas Román pola entrada e polo aprezo, sabes que é mutuo.
    E tes razón: o que deixan, de fondo, este tipo de experiencias é o feito de
    contarmos un alumnado traballador, activo, curioso e entregado. Sen dúbida.

  2. Ás veces que difícil se fai marchar. Bks.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s