Escolma de ferramentas 2.0 para o seu aproveitamento na área de lingua galega

No pasado mes de marzo participei como relator no seminario “Internet como recurso na área de lingua galega” que organizou a área de linguas do CFR da Coruña. Nas dúas sesións que me corresponderon tratei de achegar, na medida en que o tempo o permitiu, algunhas aplicacións 2.0 que presentan un potencial didáctico interesante para o desenvolvemento da competencia en comunicación lingüística do alumnado de LGL: aplicacións multimedia (Glogster, MapVivo e Prezi), narracións dixitais (GoAnimate), mapas conceptuais (Mindomo) e mapas do tempo (TimeRime). Ademais, presentei un agregador como Netvibes, unha sorte de escritorio virtual que pode centralizar e ordenar todos os sitios e servizos de interese para un usuario.

Os materiais amosados no curso están reunidos nunha wiki (que elaborei por vez primeira seguindo as indicacións e o modelo de Loli Cid) que reúne unha descrición, un titorial e uns exemplos, así como unha proposta de práctica, para cada ferramenta. A páxina está vinculada tamén á Aula Virtual do CFR xunto cos materiais do resto dos compañeiros e compañeiras que participaron no curso, e que recomendo vivamente consultar:

Unha resposta a “Escolma de ferramentas 2.0 para o seu aproveitamento na área de lingua galega

  1. Uff!. Non digo nada, só espero poder facer uso (un bo uso) de tanta ferramenta e material como o que vós aportades.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s