Logo de ver esta marabilla, collan un libro de Pereiro, métanse con el na cama e procuren soñar.
Vodpod videos no longer available.
A man dereita á dereita do corpo,
a man esquerda á esquerda.
En plenas facultades,
teño a cabeza no centro do mundo
e voulle cambiando os argumentos
ós meus soños escasos e prudentes.
nadal, 94
Poemas póstumos (1992-94)
PEREIRO, Lois, 1995, Poesía última de amor e enfermidade 1992-1995, Santiago de Compostela: Positivas
da gusto ver este tipo de iniciativas multidiscipinais, parabens ao profe e aos alumnos
que forma tan sinxela e marabillosa de dar a coñecer un autor mesmo aos máis pequenos e iso que din que Lois Pereiro non é para os pequenos.
Unha marbailla, si señor.
Acabo de fusilar este post.
Non puiden evitalo, perdón!
Non o volverei facer…
Pingback: Unha marabilla « Seso Durán