Lois Pereiro, percorrido multimedia

Vodpod videos no longer available.

A través do blogue da biblioteca do IES Concepción Arenal de Ferrol damos cunha presentación audiovisual de Elvira Roiz que aborda a traxectoria vital e literaria de Lois Pereiro en catro etapas. Destacaría a acertada selección de textos de -e sobre- o poeta monfortino e a coidadosa composición gráfica e musical deste traballo. Tras dedicar a primeira entrega, a que aquí reproducimos (capturada con VodPod dende Slideboom), á valoración da dedicatoria das Letras Galegas 2011 a Lois Pereiro, a presentación constrúese en torno aos seguintes catro momentos:

  1. Monforte. Infancia e adolescencia
  2. Madrid. Do entusiasmo á traxedia
  3. A Coruña. As luces e as sombras
  4. Resurreción e morte

2 respostas a “Lois Pereiro, percorrido multimedia

  1. Ola, Román!
    Magnífico traballo o de Elvira Roiz! Bótalle unha ollada a estas presentacións que tamén elaborou ela sobre poemas de Carvalho Calero. Tamén gostei moito moito delas…
    http://www.blogoteca.com/cenlf/index.php?cod=91455

  2. Moi agradecida por traelas aquí, disfrutei vendo as presentacións.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s