Por que o preguntas?

A través desta viñeta do debuxante Fran Bueno, a Coordinadora Galega de ENDL, presenta unha campaña que convida á comunidade educativa a reflexionar sobre a pervivencia, cando non intensificación e reactualización, dos prexuízos lingüísticos que hai sociedade arredor da lingua galega e os seus falantes.

A páxina da campaña contén unha primeira escolma de recursos didácticos e diferentes actividades e experiencias que a través das aulas ou noutros ámbitos contribúen a mudar as imaxes negativas que empecen o proceso de normalización lingüística e minguan os dereitos democráticos dos galegofalantes.

Unha resposta a “Por que o preguntas?

  1. Aos meus fillos sempre lles preguntaron engandindo logo (moitas veces) cousas como: “que gracioso” ou “que bien habla”.
    Pero este ano, na facultade de Química unha profesora foi máis lonxe ao lle dicir que (+ ou -) alá ela, pero que así se limitaba. Ao que amiña filla respondeu que a que se limitaba non era ela que podía ler e escribir en galego, en español ou en inglés (agora estuda tamén alemán).
    Daremos feito contra tanto prexuizo?

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s