Xente normal e problemas reais

"Faladoiro". Plan de Convivencia. CEIP de Baamonde

Desconfiarei sempre de quen non respecte a miña lingua. Porque, ao facelo, demostra que non me respecta a min, e ao tempo tamén demostra que non respecta un ben cultural esencial.

Desconfiarei sempre de quen non considere normal o seu uso institucional e simbólico, porque non considera normal a miña realidade cultural e porque ademais pensa que ten dereito a decidir o que é a normalidade, e curiosamente a normalidade é el, e non eu.

Desconfiarei sempre de quen diga que o meu problema non é real, porque me fai de menos e porque pensa ter o poder de decidir o que é real, e casualmente tamén o é el, e non eu.

Desconfiarei sempre de quen diga que as linguas son para entenderse e non para crear problemas e utiliza este argumento para crear problemas coas linguas.

Desconfiarei sempre de quen manipule realidades deliberadamente e ouse acusar as linguas perseguidas de seren as perseguidoras.

Desconfiarei sempre de quen vexa como un gasto innecesario a promoción da miña lingua e como un investimento imprescindible a promoción da súa.

Desconfiarei sempre de quen queira acomplexarme porque falo con naturalidade a lingua de meus pais.

Desconfiarei sempre de quen me negue a lingua, porque me sinto comprometido cos que a salvaron para que eu llela poida aprender aos meus fillos.

E procurarei enfadarme pouco, só cando me pareza normal e diante de ameazas que considere reais. E sempre, pero sempre, plantarei cara.

CARLES CAPDEVILA, director do diario Ara.
Tradución ao galego do seu artigo “Gent normal i problemes reals”
Fonte: web de ProLingua

Advertisements

3 respostas a “Xente normal e problemas reais

  1. Pingback: Xente normal e problemas reais « abuguina

  2. Quedei, aquela vez, de deixar a miña opinión sobre as entradas deste blogue. Sobre esta non teño nada que dicir. Chapeau! Nin sequera podo dicir: parabéns. Porque mentras este decálogo (menos 1)sexa necesario non estamos para moitos parabéns. Que sexan todos para ti, por ternos ao día e remexer nas nosas conciencias.

  3. Agradecementos polo ben facer e por engrandecer o traballo de ¨profe¨ e tantas outras cousas que transmites co teu blogue.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s