Máis ciberactivismo polo idioma

A plataforma ProLingua estréase en novas canles para a defensa e promoción da lingua. Na liña das xa veteranas Ciberirmandades da Fala, que veñen de conseguir o obxectivo de introducir o galego como idioma por defecto nos portátiles do programa Abalar, os prolingüeiros e prolingüeiras poñen en marha ProLingua Ciberactúa con esta primeira iniciativa que tomamos do blogue da Profa.

ProLingua, plataforma pola defensa e promoción da lingua galega, comeza unha campaña, baixo o epígrafe de ProLingua Ciberactúa. A cousa consiste no envío masivo de cartas ou mails a institucións ou empresas que discriminan claramente o galego. Neste caso comezaremos por Gas Natural que, sendo unha empresa que absorbeu á galega FENOSA, ofrece a súa web en castelán, catalán e inglés, pero non en galego.

Envía cartas ou mails ou ben chámaos por teléfono esixindo que a lingua galega tamén sexa idioma de interlocución entre a empresa e os ses clientes galegos.

Formas de contacto con GAS NATURAL FENOSA:
  1. Enderezo postal: Gas Natural SDG, S.A., 2008 Plaça del Gas, 1 08003 Barcelona
  2. Páxina web de atención ao cliente on line
  3. Teléfono de atención ao cliente de Unión Fenosa: 901 380 220
  4. Teléfono de atención ao cliente de Gas Natural: 902 200 850

Moitas grazas pola túa actuación a prol da nosa lingua!

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s