Unha parábola do negacionismo lingüístico

O rumor estendeuse como unha lapa de lume alimentada polo vento do sur. Disque querían derrubar a catedral, construída nove séculos antes, para edificar no seu predio un gran centro comercial. As razóns non deixaban lugar a dúbida, o declive constante do número de peregrinos e de practicantes da relixión de culto no templo por un lado e, polo outro, o incremento no número de posibles consumidores do centro de ocio consideraban idónea tal muda. O verdadeiramente sobresaliente non foi o estrambótico da idea senón os aplausos duns, escasos pero ruidosos, e o silencio dos outros. As razóns de utilidade estrita daban couces contra as pedras de brión cargadas de historia. O patrimonio nunca foi ben levado co progreso irracional. Por aqueles que defenden como mellor maneira de gañar o futuro o avance dos exércitos, ese que destrúe todo ao seu paso. E, claro, un dos argumentos máis esgrimido era a indefensión dos consumidores ante o poder da memoria. Que dúbida ten. A idea, lanzada como globo sonda, por algún reduto de accionistas do centro comercial foi callando ata mesmo facer dubidar o goberno da cidade. Tanto balbordo nos medios de comunicación, tanto ruxerruxe na rúa fixo por fin debater a aqueles que gobernan coas portadas na man. E, dixo algún, se cadra unha superpantalla de cine ha ser mellor cás apertas ao apóstolo, así seremos máis internacionais, máis globalizados, menos pailáns. Por uns e por outros, o proxecto do centro comercial foi medrando ata se converter no miolo da actualidade. Cando xa as máquinas de derruba se aproximaban á torre do campanario un pícaro preguntou: Nai, e se derruban a catedral, ¿quen vai saber quen somos?

Rosa Aneiros (Galicia Hoxe, 09-07-2008)

Podería desaparecer a Catedral de Santiago de Compostela? Acabará desaparecendo esta irrepetible e magnífica concreción do estro dos nosos devanceiros, sinal de identidade dun pobo, recoñecida e valorada máis alá das nosas fronteiras? A intensa actividade de colectivos especuladores como Galicia Bimilenaria, debidamente amplificados e apoiados por sectores económicos e mediáticos afíns, xunto co consentimento e a necesaria complicidade dun goberno que non cumprise os seus deberes estatutarios, podería facelo posíbel.

Grazas a Sofía por distribuír esta presentación de Miguel Anxo Mouriño, a quen lle pido desculpas por algúns cambios que tiven que facer para pasar o seu traballo a vídeo. A presentación está disponíbel para a súa descarga en Author Stream (e sen a marca de auga desta aplicación) e con vídeo de maior resolución en Vimeo.

Advertisements

6 respostas a “Unha parábola do negacionismo lingüístico

  1. Pingback: Tweets that mention Unha parábola do negacionismo lingüístico « Caderno de Lingua -- Topsy.com

  2. Que bo! O que escribira Castelao en Sempre en Galiza en actual (hai que buscar a cita, eu perdina).
    Propoño subir a presentación a Slide-Share para que se poida incrustar sen problemas nos blogues de WordPress.com.
    Grazas e parabéns polo traballo!

    Bígaro

  3. ¿Quen pode estar seguro de que non lle pasou a idea pola cabeciña a alguén? Vídeo e artigo trouxéronme á cabeza aquela obra de teatro titulada “Celtas sen filtro” e mais a figura de certo concelleiro (que viña do antigo réxime e acabou militando nas filas do PP)que propuxera tombar a muralla de Lugo para gañar espazo edificable. Lamento non lembrar o seu nome. Non hai tantos anos que morreu.
    A pouco que repasemos as castronadas edilicias, pouquiño a pouco… podemos sumar máis dunha catedral.
    Tocante á lingua, a pobriña ten toda a fasquía do xudeu Xacobe.

  4. Rosa, Román… Moi adecuado aos tempos que vivimos. Vós sodes aínda novos e veredes cousas coma esta ou peores, pero tamén confío plenamente na forza dos vosos corazóns xenerosos e valentes.

  5. Non sei se é que non tiña conectado o son. Queda bárbaro en vídeo co Requiem.
    Pero todo isto é só un pesadelo: non vai haber nin demolición nin Requiem, porque sempre hai e haberá “corazóns xenerosos e valentes” resistindo.

  6. Pingback: Unha parábola « Sae da cuncha

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s