Este é o compromiso da Xunta coa lingua galega

Os xornais de hoxe, luns 22 de marzo, incluirán esta campaña institucional da Xunta  con motivo da celebración do Día Mundial da Auga. Segundo reza o lema do anuncio, esta é unha data para festexar e animan a sociedade a se comprometer co noso medio ambiente os 365 días do ano pois dende o goberno galego xa se fai co “plan de infraestruturas hidráulicas”, o “plan de control de vertidos” e os “planes integrais de saneamiento das rías” (sic.).  Pois si, como se pode ver, o compromiso desta Xunta coa lingua non se manifesta nin tan sequera  nas campañas públicas, aínda que só fose por aparencia. Se lle botasen un mínimo de atención non publicarían este tipo de cousas… que  veñen sendo todo un símbolo da consideración que teñen do idioma.

Trátase dun anuncio propio dunha nova e cordial política lingüística e educativa: un pouquiño de galego, un chisco de castelán… mais bótase en falta outro tanto de inglés.

Campaña Institucional da Xunta de Galicia Día da Auga

Unha resposta a “Este é o compromiso da Xunta coa lingua galega

  1. Tristis est anima mea, e que me desculpe Anxo Lorenzo (o filólogo arribista, non o gaiteiro) por inserir un texto que cae fóra do trilingüísmo harmónico.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s