Vinte das 55 mentiras sobre a lingua galega

Máis de 60 localidades galegas e de todo o mundo acollerán mañá a presentación expansiva de 55 mentiras sobre a lingua galega, ensaio coordinado polo profesor Xosé Henrique Costas co que a Plataforma ProLingua quere achegar unha ferramenta útil para desmontar as principais falacias que ao correr da historia que se veñen vertendo sobre o idioma dende os sectores galegófobos co obxectivo de frear o proceso de normalización da lingua galega.

Mañá andaremos por Noia para pechar os últimos preparativos da presentación que terá lugar na Casa de Cultura Avilés de Taramancos, na que contaremos coa participación de Lola Arxóns, Carlos Maquieira e Agustín Agra. Grazas a eles tres pola súa xenrosidade e a Lola Caramés, Pepe Barreiro e Davide por facer posíbel o acto.

Para ir abrindo boca, a profesora Pilar Ponte elaborou, a partir dunha selección de textos de Quique Costas, estas diapos que recollen unha selección de 20 mentiras.

Unha resposta a “Vinte das 55 mentiras sobre a lingua galega

  1. Moitas grazas polo bo trato que sempre recibo neste blog, gustaríame simplemente puntualizar que se ben a montaxe é da miña autoría, a selección dos textos está realizada polo profesor e coordinador do volume, Henrique Costas.
    Saúdos.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s