LinguaSon, Vinte Dez, SonCine…

Despois de dous anos en Cuntis, onde me sentín moi a gusto, toca aterrar e comezar novos proxectos no meu novo centro. Imos amodo, que as présas non son boas, e a ver se podemos poñer en funcionamento e consolidar o Clube da Lingua facendo partícipes ao alumnado e ao profesorado e tentando establecer unhas primeiras relacións coas familias e o contorno do centro. Como até o de agora non existía esa dinámica, vai custar un pouco, a ver que damos feito.

Para comezar, súbome ao Proxecto SonCine, un proxecto pioneiro e máis que consolidado que hoxe mesmo vai dar un novo froito, a curtametraxe “Mar”, que se proxectará a partir das 21:00 no Coliseo Noela de Noia no marco da Mostra de Curtas da vila. E, partindo da experiencia deste interesante programa, nace o proxecto 2010. Vinte Dez, a creación dunha TV en liña do IES Porto do Son, que acaba de recibir un accésit nos Premios á Innovación en Normalización Lingüística que convoca a SXPL.

E a ventá do noso traballo ha ser o blogue LinguaSon, que aínda se atopa en fase de probas e que seguro que ha ser acompañado en breve por novas páxinas e redes sociais e outras aplicacións do noso ENDL.

Nova da estrea de “Mar” e nota de prensa no xornal dixital Certo.

Unha resposta a “LinguaSon, Vinte Dez, SonCine…

  1. Nos tamén nos sentimos moi ben contigo. Espero que volvas o ano que vén e mentres, que lles aproveite aos do Son. Noraboa polo premio.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s