Dende o ensino para a sociedade

A falta de materiais propios, e do bo facer dos autores dos materiais que presento nesta entrada, quixera proxectar dende este caderno uns magníficos recursos para traballar a violencia de xénero nas aulas, nas bibliotecas e nos clubes de lectura, nos grupos de convivencia escolares, etc. Son, ademais, outra boa mostra do labor que veñen facendo moitos profesionais do ensino, un traballo que non sempre é recoñecido socialmente nin dende a administración, que este ano estende os recortes a todos os eidos do sistema educativo público, tamén aos programas de potenciamento da lectura e ao ensino en valores.

O primeiro é unha Guía de lectura contra a violencia de xénero que Anxo Fernández publica no blogue As Campaíñas, o clube de lectura do CPI don Aurelio de Cuntis:

O segundo é unha montaxe audiovisual que Anxo Fernández e Gracia Sanctórum nos achegan dende o seu imprescindíbel Trafegando Ronseis co ánimo de contribuír co seu gran de area a erradicar esta lacra da violencia sexista. Interesante, na liña do comentado anteriormente, é a súa presentación:

Miramos en derredor. Observamos. Procuramos solidariedade. Choramos. Enfadámonos. Publicamos. Falamos co noso alumnado. Facermos canto poidamos. A nosa meta? Un gran de area, só un gran que contribúa a erradicar unha das nosas teimas.

Mentres non saibamos respectarnos, mentres non entendamos que os seres humanos somos tod@ iguais, non existirá unha sociedade máis xusta. É o noso labor contribuír, procurala. Non desistiremos.

Vodpod videos no longer available.


Abofé que o conseguen!

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s