“As linguas no sistema educativo”, charla informativa en Cuntis.

O Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística convídavos á charla “As linguas no sistema educativo”, que terá lugar na Biblioteca Municipal de Cuntis o vindeiro luns 15 de xuño ás 20:15. O profesor da Universidade de Vigo Henrique Costas, responsábel da Área de Normalización Lingüística, analizará a situación da lingua galega no ensino nun contexto no que a actual administración da Xunta de Galiza ameaza con desmantelar de maneira planificada e sen atender a criterios pedagóxicos e ao propio marco legal vixente as medidas que procuraban unha distribución equitativa das linguas oficiais como linguas de aprendizaxe e a promoción do galego na educación.

Así mesmo, e ante a distribución das famosas enquisas -carentes de rigorosidade e fiabilidade- ás familias por parte da Consellaría, esta charla completa a campaña de información que o ENDL do noso colexio emprendou o venres pasado co envío de cartas a todos os pais e nais do alumnado de Infantil e Primaria e coa distribución de material informativo entre o alumnado de secundaria ao remate das clases. Os profesores e profesoras vímonos obrigados a realizar as nosas funcións legais fóra do recinto escolar ante a censura da Consellaría de Educación, que de maneira totalmente improcedente instou á dirección do centro a tomar parte das posibles incidencias. Esta situación repetiuse nos centros da comarca onde a inspección amedrentou ao profesorado, chegando a casos directos de presión en centros de Caldas, Teo ou A Estrada.

Actos informativos noutras comarcas:

– Melide: hoxe, luns 15, terá lugar unha xuntanza aberta aos docentes, pais e nais e todos estamentos municipais ás 20:30 na biblioteca municipal.

– Vilagarcía: o colectivo CASAESCOLA convida a todos os pais e nais de Vilagarcía a participar nun acto informativo o luns 15 ás 20:00 no salón de conferencias do Auditorio de Vilagarcía para achegar información ás familias ao constatar a prohibición da inspección educativa a que o fixeran os docentes ou ANPAS nos propios centros.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s