Atalogho amigho, partiu!

Hai un par de días que non escoitamos a voz do bo de Xurxo Souto ao temón do “Aberto por reformas”, unha aventura que nacía hai tres anos na Radio Galega e que foi o motor fundamental da revolución que vive (por descontado, vivimos e gozamos) a música galega actual. Xurxo, un  dos grandes comunicadores deste país e bo coñecedor da escena musical, fixo dende este altofalante privilexiado que é a radio pública de todos os galegos e galegas o labor do humilde adestrador do fútbol volcado na canteira, aquel que coida co agarimo do artesán os novos valores porque cre neles e que, precisamente por iso, lles dá minutos cando os rePPunantiños non acreditan na materia prima local. E faino con entrega, con verdadeira emoción, sentindo o que di, en cada unha das imaxes que constrúe para describir os sons, as repichocas e as mil e unha verbenas deste país de músicos e da alegría.

De súpeto, os que tiñamos morriña de Xenreira, dos Diplomáticos, dos Rastreros ou dos Skornabois, tivemos coñecemento de ducias e ducias de formacións e solistas que boureaban entre nós, agochados polos medios, e tamén coñecemos as músicas do mar, as cancións de taberna, a historia da nosa música e os artistas recuperados, a arte dos improvisadores, os festivais todos da Mariña ao Baixo Miño, o Apologhit, o torreiro da festa no día da verbena, as literaturas musicadas… E viaxamos dende Montealto á Lusofonía na mala de Uxía, pasamos por Asturies para ir a Euskalherria e parar en Aragón antes de entrar nos Países Cataláns e logo mergullarnos en Europa.

Mais como naqueles vibrantes ghatillasos dos 90 (“Maruxo”, “Platinos”, “Parrús”, “Mikaela”, “Non chas quero”…) que, por certo, pinchaba Antón Reixa no seu mítico “Bule Bule”; o programa “A tropa da tralla” de Radio Coruña (coa mítica sección de turismo tasqueiro); o Unión Bravú e a revista Bravú; os programas “Mil ribeiras” ou “A boca da noite” na mesma RG; ou os mundos mariños, populares, tabernarios e musicais (medio lendarios medios verídicos) da súa narrativa, hai Xurxo Souto e música galega para moito, por máis que os ananos tenten devolvelos á clandestinidade que durante década e media padeceron nos medios públicos.

Obrigado, Xurxo!

A nova en Vieiros, Chuza, Komunikando, CCCP, Madeira de UzZimmer 103.

Re-accións: Artábria, ForoKomunika, The HomensMalmequer, Made in Galiza, Brétemas e Facebook.

6 respostas a “Atalogho amigho, partiu!

  1. Mui lindo e sentido artigo. Além de um comunicador excelente e grande profissional (da música, da rádio, da vida), é uma das melhores pessoas com quem topei neste país. Alguém capaz de fazer brilhar virtudes onde só vias defeitos, alguém capaz de inspirar confiança ao desacougado, alguém capaz de ver o copo meio cheio se o vias meio valeiro…

    Desde logo, nem todo o mau fel desses repunantinhos vai poder com esse torrente humano que é Xurxo Souto, a quem não tardaremos em ver fazendo tremer a terra a base de portentosos acordes e versos interiorizados. Vamos, basicamente como até agora, que apesar dos compromissos radiofónicos nunca deixou os cenários.

    ♪ ESTA NOITE HEI-D’IR ALÔ… ♫

  2. Pingback: Feijoada por reformas

  3. A cultura musical de noso nas ondas, facendo realidade o que era antes e vai ser agora papel mollado na cativa lexislación que máis cativa queren. E coa música, e con Xurxo e Vituco Neira, os rexistros máis potentes do idioma. Entrevistas e lerias do máis vivo do país, que os que estamos no ensino temos que continuar empregando.
    Forza!

  4. Parabéns polo artigo Román.
    Comentando toda esta leira con Olga, preguntábame que pensarían os do sector naval galego (un supoñer) se os recursos para o seu potenciamento se adicasen ao sector naval coreano (outro supoñer).
    Seica que o programa sen Xurxo arrancou con Springsteen. A radio pública galega promocionando a música popular de New Jersey, como se o Boss non tuvera quen o fixera.
    Uffff…e eu que pensei que había cousas que xa tiñamos superadas…

  5. Eu xa não credo em galiza
    e visto
    Cada pobo tem o que mereçe
    Catalunha vai pra arriba
    Euskadi vai pra arriba
    e Galiza seguira tirando por a corda da vaca
    asi nos vai
    Saudinhos XurXo e que tudo siga bem

  6. Pingback: Eduardo Pondal revisitado no ‘Hino de Galiza’ de El Puto Coke | Caderno de Lingua

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s