Súmate como docente ao manifesto da CGENDL

 

Perante a insistencia de moitos e moitas docentes, a Coordinadora Galega de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística vén de abrir o seu manifesto a todo o profesorado galego, que xa pode adherirse na seguinte ligazón:

http://www.coordinadoraendl.org/docentes.php

Así mesmo, animan a difundir entre o profesorado dos centros escolares e entre os contactos persoais esta campaña para que siga medrando o número de apoios de Equipos e de docentes a nivel individual para contar con máis forza teremos como interlocutores no difícil escenario que se abre para a lingua galega no ensino.

 

 

MANIFESTO DA CGENDL

Os Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística abaixo asinantes queren manifestar a súa preocupación ante a intención do novo goberno de derrogar o Decreto 124/2007 polo que se regula o uso e promoción do galego no sistema educativo. Como dinamizadores lingüísticos, pero moi especialmente como profesionais do ensino que somos, queremos facer constar o seguinte:

  1. Este decreto desenvolve o Plan xeral de normalización da lingua galega, aprobado por unanimidade no Parlamento de Galicia no ano 2004 e elaborado, na parte referida á educación, por unha comisión na que se integraban representantes das ANPAS, do profesorado, das organizacións pedagóxicas e das patronais do ensino concertado. 
  2. Supón a superación dunha lexislación, o Decreto 247/95, que -despois de 12 anos de aplicación- tiña demostrado que non estaba respondendo aos obxectivos para os que fora deseñada, tal como poñen de manifesto os últimos datos do Mapa Sociolingüístico de Galicia.
  3. Persegue como finalidade última que o alumnado acade, ao rematar os seus estudos, unha plena competencia lingüística que o capacite para expresarse oralmente e por escrito nas dúas linguas oficiais de Galicia, no marco dun ensino plurilingüe.
  4. Favorece que cada centro elabore o seu propio Proxecto lingüístico, documento que debe ser aprobado polo Consello Escolar e que, polo tanto, require a implicación e o consenso de toda a comunidade educativa: profesorado, alumnado, pais/nais, persoal non docente e representantes dos concellos.

Dado que consideramos as medidas que se establecen no decreto como unha achega importante na tarefa dinamizadora e normalizadora que realizamos nos centros e que non pasou tempo suficiente para avaliar se os seu resultados satisfán os obxectivos para os que foi aprobado, solicitámoslle ao novo goberno que manteña os compromisos acordados pola comunidade educativa e o Parlamento galego no Plan xeral de normalización da lingua galega.

Hai uns días, na gala de entrega dos Premios Mestre Mateo do Audiovisual, Belén Regueira, Premio á Mellor Comunicadora do ano 2008,  explicou con claridade e sensatez que significa dotar de competencia lingüística en lingua galega aos rapaces e rapazas.

Advertisements

3 respostas a “Súmate como docente ao manifesto da CGENDL

  1. ¡Gañaches o premio ao compromiso educativo!
    Podes pasar a recollelo en http://ticblog.wordpress.com/2009/05/07/premio-al-compromiso-educativo/
    ¡Parabéns!

  2. No blogue http://tic56.wordpress.com/ tés outro premio ben merecido.
    Podes pasar por alí a recollelo.
    Saúdos.

  3. ola son Rosa, unha compañeira de docencia e quería darche os meus cumprimentos polo teu labor e polo teu blogue.NOn sei se eres coñecedor do cambio que fixeron os do PP no portal educativo co gallo das letras galegas, a primeira imaxe que colgaron era un compromiso sobre a lingua e aos dez minutos foi retirada pola que hai na actualidade. Penso que imos ter que pormos as pilas e movilizarnos en serio, non cres? un saúdo.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s