Terras do Umia, nova coordinadora comarcal de ENDL

Tras manter varias xuntanzas en Caldas de Reis durante os meses de febreiro e marzo, os ENDL de diversos centros educativos de Caldas, Cuntis, Moraña e Portas decidiron crear unha nova coordinadora comarcal de equipos que se vén sumar a outras exitentes como as de Ferrolterra, O Salnés e O Barbanza.

A Coordinadora Terras do Umia quere aunar, neste primeiro momento, os esforzos que a prol da normalización da lingua galega están a facer os  equipos dos seguintes centros escolares: CEIP San Clemente, CPI Alfonso VII, CPR A Encarnación, CPR San Fermín e IES Aquis Celenis, todos eles de Caldas de Reis;  CPI Domingo Fontán de Portas; CPI Don Aurelio de Cuntis; e CPI Santa Lucía de Moraña.

A coordinadora preséntase publicamente coa convocatoria da primeira edición de dous certames, o Iº Concurso de Microrrelatos e o Iº Concurso de Banda Deseñada, unha primeira actividade conxunta que procura potenciar a creación literaria e artística en lingua galega en toda a comunidade escolar, xa que poden participar dende os alumnos e alumnas máis cativos até os seus pais e nais, o profesorado e o persoal administrativo dos centros.

Por outra banda, hai que destacar a receptividade dos concellos e de diferentes colectivos da comarca, que están a colaborar nesta primeira iniciativa cubrindo os custos da cartelaría, dos premios e da edición dos textos e tiras cómicas seleccionadas, que serán pendurados en vistosas e divertidas bandeirolas nos municipios da comarca.

 

Así mesmo, a posta en común de experiencias e actividades no seo da coordinadora permitiralle aos centros escolares compartir a mostra “As nosas linguas”, organizada polo Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística do CPI Alfonso VII que coordina a profesora Ana Iglesias, ben sexa acudindo ao Auditorio Municipal de Caldas de Reis, onde se pode ver dende o 18 de marzo, ben recibíndoa nas instalacións dos propios colexios. Este é o caso do CPI don Aurelio de Cuntis, que acollerá a exposición a partir do 14 de abril.

A mostra é o resultado dun proxecto levado a cabo durante o curso pasado no centro escolar para celebrar o Ano Europeo das Linguas e na súa elaboración participou o alumnado do 2º Ciclo da ESO. Esta exposición ten por obxectivo aprender a valorar a grande riqueza lingüística e cultural do planeta, acompáñase de unidades didácticas para traballar en cada ciclo de Primaria e Secundaria e estrutúrase en catro partes: linguas de Galiza, linguas do Estado Español, linguas de Europa e linguas do mundo.

Advertisements

2 respostas a “Terras do Umia, nova coordinadora comarcal de ENDL

  1. Parabéns pola iniciativa. Paréceme estupenda a idea de ampliar a convocatoria dos certames literarios a toda a comunidade educativa. Hai que sacar a escola a rúa.
    Tomo nota!

  2. Pingback: Os ENDL móvense (actualización) « Caderno de Lingua

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s