Grupo LGL en Slideshare

Xano Cebreiro vén de abrir, e de convidarnos a participar, no Grupo de Lingua Galega e Literatura en Slideshare. Ao igual que outras aplicacións da rede, esta coñecida ferramenta, que permite converter as nosas presentacións powerpoint en slides en liña, que logo podemos integrar nos blogues ou mesmo descargar nos nosos equipos, ofrece a posibilidade de crear grupos de usuarios/as con intereses comúns.

O Grupo LGL está conformado nestes momento por sete membros que suman xa 38 presentacións elaboradas polo profesorado ou polo alumnado da materia. Entre elas, podemos atopar achegas variadas sobre literatura, tipoloxía textual, morfoloxía, historia da lingua, ortografía, etc. Dende o Caderno de Lingua animamos a todos os compañeiros e compañeiras da materia a que se dean de alta en slideshare para subir os seus materiais e, a continuación, se sumen a este grupo. Compartir é medrar.

Slideshare é unha aplicación moi accesíbel, abonda con seguir este titorial elaborado por Xano para introducirse no seu manexo.

 

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s