Guión sobre Linguas Cruzadas

Vodpod videos no longer available.

 

O documental Linguas cruzadas, dirixido por Mónica Ares e María Yañéz hai dous anos e estreado na TVG un 17 de maio, converteuse nun material extraordinario para o traballo nas aulas de Lingua Galega. Nel, afóndase na situación sociolingüística do idioma dende a perspectiva da xente nova: que lingua fala? por que a fala? Perviven os prexuízos sobre os galegofalantes entre a mocidade? Hai ou non conflito lingüístico no noso país? E que pensan sobre o galego estándar? Acreditan nun futuro para a lingua galega? 

Estou certo que moitos compañeiros e compañeiras da materia prepararon unha ou varias sesións arredor deste documental e sería óptimo intercambiar experiencias, comentar as impresións do alumnado sobre este traballo, os debates que de seguro se deron, etc. No meu caso, preparei no curso pasado un guión para o meu alumnado de 4º da ESO. Tratábase, simplemente, de entregarlles un material de apoio, que reproduce fragmentos das intervencións dos mozos e mozas que toman parte en Linguas cruzadas, unha vez que visionasen o documental coa única finalidade de refrescar as diferentes posturas reflectidas nel para elaborar unha reflexión máis pausada e por escrito sobre cada unhas das sete partes da fita:

– Falo galego porque…

– Os prexuízos sobre o galego

– O galego normativo

– Falo galego dende hai tres meses: o valor dos neofalantes.

– Os dereitos dos galegofalantes: hai conflito lingüístico? Hai discriminación dos galegofalantes?

– O papel da escola

– O galego no futuro

Na seguinte sesión, ademais de recoller as respostas do alumnado como un traballo máis, ábrese o debate ao grupo.

 

Advertisements

3 respostas a “Guión sobre Linguas Cruzadas

  1. Xa hai un tempo que vin esta páxina e este documental, o que me fixo lembrar outro que tamén trata sobre a lingua, e que a RTVG emitiu o ano pasado, coincidindo co Día das Letras. O documental era sobre o galego do Val de Ellas e as outrs aldeas en que está vivo o galego en Extremadura. Alguén sabe como se chamaba? É que non o dou atopado e gustaríame mostrarllo os meus alumnos e alumnas.

  2. Ola, María

    Creo que estás a falar da segunda parte dun proxecto sobre o galego exterior (e por extensión sobre a identidade nos territorios fronteirizos) que dirixiu Rubén Pardiñas. A primeira era “Fronteiras” e esta da que ti falas “A segunda póla”. Hai un blogue deste proxecto: http://fronteiras.blog.com/

    Aquí tes a ficha desta segunda parte:
    http://www.culturagalega.org/avg/produccion.php?Cod_prdccn=10109&busca=A%20terceira%20póla

    “Fronteiras” está na rede pero non se mira moi ben: http://video.google.es/videoplay?docid=8384521364641041210

    A ver se alguén sobre esa que ti dis ou cando a comercializan.

    Saúdos

  3. Pingback: A unidade didáctica Linguas cruzadas xa está na rede « Caderno de Lingua

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s