Moita forza a do Xabaindulto

O alumnado do IES As Bizocas de Ogrobe segue firme na súa campaña a prol do Xabaindulto meses despois do seu inicio, aló polo mes de abril, acadando novas metas. Coordinados e impulsados por Patricia Arias Chachero, profesora e responsábel do ENDL do instituto, os rapaces e rapazas mecos foron quen de recadar apoios fóra da súa vila a esta iniciativa que pide a volta do Xabarín Clube á grella infantil habitual da TVG, agora desprazado a un incomprensíbel horario de mañá. Membros da Academia Galega, do Consello da Cultura ou da Universidade de Santiago de Compostela xa asinaron un “indulto” que agora, aproveitando a campaña electoral, suma as rúbricas de candidatos ao Parlamento Galego. A pesar da falta da resposta da canle, o alumnado non decae no seu empeño nunha acción que vai máis alá da recuperación do mítico porco bravo co que moitos descubrimos, por exemplo, a música rock en galego, para converterse nunha manifestación en toda regra a prol do idioma galego e unha mostra dun interesante e globalizador proxecto de normalización dende o ensino.

Parabéns!

Advertisements

2 respostas a “Moita forza a do Xabaindulto

  1. Si, eu tamén apoio esta campaña. E de feito emprego o XAbarín nas miñas aulas. Forza e adiante coa campaña

  2. si señor eu apoio isto xa era hora d q alghen se mobilisara ostia q isto non pode ser
    a quen se lle ocorre redusir o horario do xabarin en troques d o ampliar
    afíliate!

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s