Máis achegas sobre lecturas no blogue Revolta da Freixa

Dende a Revolta da Freixa, blogue da aula de lingua do IES de Teis, seguen achegándonos novas actividades  arredor das lecturas da materia enriquecendo a cada día que pasa unha bitácora que xa é referencia na blogosfera educativa da aula de Lingua Galega.

O itinerario dunha obra comeza neste blogue cunha presentación que a modo de reseña dá a coñecer o título escollido ao seu clube de lectores/as particular. A maiores, a guía de lectura soe completarse con  recensións do libro publicadas na prensa, entrevistas ao autor, o percorrido editorial da obra e mesmo presentacións que seguen as pegadas dun título máis alá das súas páxinas. 

Finalmente, os/as lectores/as xa están máis que preparados/as para abordar un cuestionario sobre a lectura, normalmente ben conciso para completar unha visión da obra dende moi diferentes ángulos. Os test de lectura, catorce nestes momentos, e as entradas relativas a cada título están referenciadas na barra lateral do blogue. Os últimos en chegar son os cuestionarios de O único que queda é o amor, o premiado conxunto de relatos de Agustín Fernández Paz, ademais duns novidosos test de léxico, o primeiro e o segundo de Ollos de auga e outro d’A era de Lázaro, de Paula Carballeira, todos eles elaborados nunha páxina de test en liña, Daypo.com.

Revolta da Freixa incorpora, ademais, outras categorías de interese para a reflexión sociolingüística, as novas literarias, a fraseoloxía  ou convocatorias de certames literarios como “Glotofaxia”, “Taboleiro de anuncios” ou “A lingua esgallada” que achegan máis ferramentas para o traballo nas aulas de Lingua Galega.

Unha resposta a “Máis achegas sobre lecturas no blogue Revolta da Freixa

  1. Grazas pola referencia e polo amable trato que nos dás. Para nós este Caderno de Lingua si que é un blog de referencia.
    Parabéns e grazas polo teu traballo.
    Saudiña.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s