Biblioteca das Letras Galegas

Hoxe deuse a coñecer unha nova iniciativa, desta volta institucional, que ten como obxectivo divulgar a través da rede o patrimonio literario galego. O proxecto Biblioteca das Letras Galegas, nacido da colaboración entre a Biblioteca Virtual Miguel de Cervantes e o Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades, inaugura esta páxina cunha escolma dun cento de obras dixitalizadas entre as que sobrancean, até o momento, os catálogos de Rosalía de Castro e Martín Códax, mais que xa inclúe preto de 50 autores e unha primeira achega de publicacións periódicas e crítica literaria. De interese é a súa fonoteca, composta de momento por gravacións de poemas e narración dos dous autores citados, así como a Videoteca ou a galería de imaxes que aínda non foron estreadas.

Agardemos que, andando o tempo, o proxecto vaia sumando un bo catálogo literario galego coa achega de máis contidos orixinais e que non se alimente exclusivamente de incluír ligazóns ou almacenar aquilo que xa se atopa na rede, como a hemeroteca da emigración galega do Centro Ramón Piñeiro ou como os contidos galegos da páxina do Centro Cervantes e outras entidades. Para iso xa xiste a Biblioteca Virtual Galega, que adoece dun remozamento urxente, ou a páxina da Asociación de Escritores en Lingua Galega, en constante crecemento e dun interese educativo cada vez maior e que achega, ademais, obra contemporánea. Que a nova Biblioteca das Letras Galegas se converta nun espazo de referencia na rede vai depender en boa medida diso.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s