Wiki sobre a literatura galega do século XX

Navegando pola rede atopo outra iniciativa de interese do Departamento de Lingua Galega do IES David Buján de Cambre, a wiki Literatura Galega do Século XX destinada a recoller tendencias actuais dos diferentes xéneros literarios en lingua galega. Na súa presentación non se aclara, mais parece que está aberta á colaboración de todos/as; abonda con se rexistrar para comezar a colaborar neste proxecto, unha vez recibidos o contrasinal e o nome do usuario.

A wiki artéllase en varias páxinas estáticas que almacenan a información por xéneros literarios. En cada unha delas inclúense textos teóricos e mostras literarias das diferentes etapas, autores e colectivos da literatura galega das últimas décadas ao xeito de apuntamentos. Ademais, engaden un apartado de literatura na rede, así como dúas páxinas máis de recursos na rede e bibliografía.

Dicía ao comezo que se trataba “doutra” iniciativa porque xa hai un par de cursos que dende este centro veñen poñendo á nosa disposición un blogue de referencia, o Son de Poetas, unha antoloxía musicada da literatura galega imprescindíbel.

Como colofón desta entrada, pedimos prestado este deseño animado tan xeitoso do Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística do IES David Buján:

2 respostas a “Wiki sobre a literatura galega do século XX

  1. Grazas por recoller en Caderno de Lingua o noso traballo. A wiki de literatura foi un traballo do grupo de Literatura galega do Século XX do curso pasado. Este ano temos previsto co alumnado de 2º de Bac revisar, actualizar e mellorar os contidos como preparación do tema “Tendencias actuais da lírica, da narrativa, da dramática e da ensaística”. Naturalmente, calquera axuda será ben acollida.
    Os deseños da imaxe animada están feitos por un alumno do centro e serviron para unha campaña do Equipo de Dinamización e Normalización Lingüística. Aquí locen fantasticamente.
    Saúdos.

  2. Grazas Román! ti sí das motivos para falar galego…un bico e unha aperta sempre.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s