A lingua galega en Educación Infantil

Por medio da páxina do CEIP da Seca de Poio, e máis en concreto do seu animoso blogue Mil Primaveras, coñecemos o vídeo Programa de Potenciación de galego en Infantil e, por extensión, a canle de Contidos Educativos da Consellaría de Educación en Youtube.

Neste vídeo destácase a importancia estratéxica da presenza do galego como lingua vehicular na área de infantil en colexios da Galiza urbana, ámbito no que o idioma mostra uns índices de uso extremadamente baixos nas idades máis temperás. Como contrapunto a este panorama tan negativo, pódese constatar a boa disposición de moitos/as pais e nais cara á aparición de novos espazos para a lingua entre os/as máis cativos/as, familias que malia á desconfianza sen dúbida alimentada por certos sectores sociais e políticos, e amplificada polos seus altofalantes mediáticos, ven con interese e normalidade o potenciamento destes programas.

 

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s