Os ENDL móvense

Felicitación de nadal da Coordenadora de Equipos de Ferrolterra e Calendario de Aula do ENDL do IES da Pobra

Os Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística atopáronse a comezos do curso 2008-2009 co anuncio dunha nova convocatoria de subvencións da Secretaría Xeral de Política Lingüística que vén responder a demandas históricas como a adecuación das axudas ao curso académico e o aumento das contías. Pese ás présas que provocou nos centros, onde a maioría dos equipos non estaban aínda constituídos, a resolución vén demostrar que foron moitos menos có ano pasado os  colexios e institutos públicos que foron excluídos das axudas por motivos administrativos. 

Os criterios da última convocatoria apuntan novas liñas de traballo dos Equipos e, aínda que son xeralizadas certas prácticas que non teñen a ver coa dinamización lingüística, como o solapamento dos ENDL cos Equipos de Actividades Extraescolares ou ás festas populares, comeza a detectarse unha aposta por ligar a dinamización lingüística  ás TIC, ao traballo nas competencias lingüísticas activas, ás expresións artísticas máis xuvenís (hip-hop, banda deseñada, radio, graffiti…), etc. Mais para afrontar estas novas dinámicas de traballo cómpre tamén máis formación no seo dos equipos, tanto para o propio deseño dos proxectos como para a elaboración de verdadeiros Planos de Fomento da Lingua Galega. Máis alá dos necesarios e benvidos Seminarios de Dinamización Lingüística no Ensino, a SXPL e a Consellaría de Educación deben apostar por un programa de intervención formativa máis pegada ao terreo (se cadra zonal e local no caso das cidades e con apoio directo aos equipos ampliando as actuais Coordenadoras Provinciais) para encarar os planos e a elaboración dos PLC: por que non a creación de Grupos de Traballo de Normalización e Dinamización Lingüística? Por outra banda, precísanse un banco de ideas, plataformas de intercambio informativo, máis materiais innovadores de apoio didáctico e canalizar recursos interesantes de todas as consellarías superando o compartimento de competencias do actual goberno galego (áreas como Xuventude, Deporte e Cultura teñen moito que dicir na promoción da lingua).

No horizonte dos ENDL tamén están collendo pulo novas dinámicas de colaboración entre os Equipos, xa do mesmo concello, da comarca ou doutros puntos máis afastados do país. Así, aumentan os intercambios con outros centros educativos galegos e portugueses e créanse plataformas que procuran superar eivas como as sinaladas máis arriba, que a administración aínda non enfrontou. Na comarca do Barbanza vén de constituírse como asociación a Coordinadora de ENDL, que reúne máis de 20 equipos de varios concellos. Comezaron a dar os seus pasos hai un ano e durante o curso pasado levaron adiante iniciativas como a entrega dos Premios Anticiclón e Borrasca ou a organización do Correlingua en Santa Uxía de Ribeira. O xornal gratuíto do Barbanza, Certo, publica unha entrevista con Miguel Louzao, presidente da nova asociación, que xulgamos de grande interese e un exemplo a seguir noutras comarcas do país.

Aproveito este entrada para iniciar unha listaxe de blogues, páxinas e revistas dos ENDL (algunhas moi activas, outras menos), que nos permiten asomarnos ao seu labor. Non están todos os que son nin son todos os que están, de aí que vos pida a vosa axuda para que esta listaxe vaia medrando. Así mesmo, incorpóranse outros recursos. 

Coordenadoras de ENDL

Blogue da Coordenadora de Ferrolterra

Paraugas da Lingua, blogue da Coordinaadora de ENDL do Barbanza

Web da Coordinadora Leixaprén de Equipos de Normalización Lingüística

Revistas dixitais 

Bico da Ría, do ENDL do IES Félix Muriel de Rianxo

A Tabarra Dixital, do ENDL do IES da Pobra do Caramiñal

O Choupín, do ENDL do IES Carlos Casares (Viana do Bolo)

Graos de Corvo, do ENDL do IES Sardiñeira da Coruña 

Blogues

Normalización e Dinamización Lingüística, do ENDL do IES de Culleredo

Illa dos Ratos, do ENDL do IES Coroso (Santa Uxía de Ribeira)

Na lingua de todos, do ENDL do CPI Aurelio M. Rey García (Cuntis)

No bico da lingua, do ENDL do IES da Paralaia (Moaña) 

As Gabarras, do ENDL do IES de Breamo (Pontedeume)

Blogue do ENDL do CEIP Ibáñez Martín (Ferrol)

Gavieira, blogue do ENDL do IES de Elviña (A Coruña) 

O castelo da lúa, do ENDL do IES Félix Muriel (Rianxo)

Clicalingua, blogue sobre lingua ligado ao ENDL do CEIP Ramón Otero Pedrayo (A Laracha)

A kacharela, do ENDL do IES Pintor Laxeiro (Lalín)

Blogue do ENDL do IES Praia de Barraña (Boiro)

Déixate de contos, do ENDL do IES de Oroso

Caghaboi, blogue do ENDL do IES Nº 1 de Ribeira

Blogue do IES Mestre Landín (Marín)

Blogue do ENDL da Escola-Fogar San José (Pontedeume)

Galeufonía, do ENDL do IES A Guía (Vigo)

Fala en Galego, do ENDL do CEIP San Martiño de Salcedo (Pontevedra)

Normalización Lingüística, do ENDL do IES LA Grande Obra de Atocha (A Coruña)

O Recuncho do Cabada Vázquez, do ENDL do CEIP Cabada Vázquez de Codeseda (A Estrada)

Blogue do ENDL do IES Sánchez Cantón (Pontevedra)

Galamas, do ENDL do IES Lamas de Abade (Compostela)

Blogue do ENDL do CEIP A Golada

Blogue do ENDL do IES Carlos Casares (Viana do Bolo)

Blogue do ENDL do CPI Padín Truiteiro (Soutomaior)

Blogue do ENDL do IES Castro de Baronceli (Verín)

Pedriñas, do ENDL do IES de Pontepedriña (Compostela)

Móllate coa Lingua, do ENDL do CPI de Maside

Galego no Couto, blogue do ENDL do IES do Couto de Ourense

Páxina do CEIP da Seca (Poio)

Galego Sempre, blogue do IES Luís Seoane de Monteporreiro (Pontevedra)

Blogue do IES Valle-Inclán (Pontevedra)

Balbordo, blogue do ENDL do IES Auga da Laxe de Gondomar

Normalización Fernando Esquío, blogue do ENDL so IES Fernando Esquío de Xubia (Neda)

Revista Dixital, blogue coordenado polo ENDL do CEIP Sofía Casanova (Vilaboa-A Coruña)

Sementeira Dixital, revista do CEIP de Ponzos (Ferrol)

Illa de Ons, blogue do ENDL do IES Illa de Ons de Bueu

Xanela Cachada, blogue do ENDL do IES A Cachada (Boiro)

Medrar en Galego, blogue da Coordinadora de Mestres de Educación Infantil

ENL Primeiro de Marzo, blogue do ENDL do IES Primeiro de Marzo de Baiona

Mil Primaveras, blogue de Antonio Ferrer, do CEIP da Seca – Isidora Riestra de Poio.

Galeblog, blogue do ENDL do CEIP Andrade de Pontedeume.

Normalízate, blogue do ENDL do CEIP Mestre Martínez de Mos

Tirar da Lingua, blogue de Lingua galega do CPI Monte Caxado das Pontes.

Audioblogue do ENDL da Pobra do Caramiñal

Bou enxebre, blogue do ENDL do IES Johan Carballeira de Bueu

Blogue do ENDL do Colexio Divina Pastora do Barco de Valdeorras

Heroínas de Sálvora, blogue do ENDL do CEIP de Aguiño (Santa Uxía de Ribeira)

O falar non ten cancelas, blogue do ENDL do IES Lagoa de Antela de Xinzo da Limia

Páxina do ENDL na web do CPI Doutro Daniel Monje de Navia

Páxina do ENDL na web da EOI de Santiago de Compostela

Páxina do ENDL na web do CEIP Portofaro do Temple (Cambre)

Páxina do ENDL do IES Manuel García Barros da Estrada

Galego nos coles, blogue dos ENDL do CEIP Portofaro (Cambre), Sagrada Familia e Manuel Murguía (A Coruña)

Páxina do ENDL do IES Lamas das Quendas de Chantada

Viaxa con Popi, blogue conxunto da Biblioteca e o ENDL do CEIP Nosa Señora dos Remedios de Ponteareas

Páxina do ENDL no web do IES de Melide

Páxina do ENDL no web do IES San Paio de Tui

Páxina do ENDL no web do IES David Buján de Cambre

Páxina do Clube da Lingua no web do IES Marco do Camballón de Vila de Cruces

Nalinguadetod@s no web do CPI Aurelio M. Rey García de Cuntis

Dígochoeu, bloguedo ENDL do CEIP O Milladoiro de Malpica

Normalización Ortegal, blogue do ENDL do IES Cabo Ortegal

O larchán do Cotarelo, blogue do ENDL do IES Armando Cotarelo Valledor de Vilagarcía

Dinamiza, Normaliza, blogue do ENDL do CEIP de Quintela (Moaña)

Dende A Merced falamos, blogue do CPR La Merced de Sarria

Blogue do ENDL do CEIP de Bergantiños

Fiadeiro Virtual do ENDL da Escola Oficial de Idiomas de Ferrol

Blogue do Premio Literario Frei Martín Sarmiento dos ENDL da FERE

Son de poetas, antoloxía da poesía galega musicada, iniciativa do ENDL do IES David Buján de Cambre

Donsecón, blogue multidisciplinar do CEIP da Seca de Poio que inclúe unha sección do NL

Tíralle da Lingua, blogue do ENDL da EOI de Lugo

Audioblogue do ENDL do IES da Pobra do Caramiñal

Páxina do ENDL na web do IES Lamas de Castelo de Carnota

Blogue da Silva, ENDL do CPI Cernadas de Castro de Lousame

Normalización e Dinamización Lingüística, blogue do ENDL do CEIP A Rúa (Cangas do Morrazo)

Galeguízate!, blogue do ENDL do CRA de Santa Comba

 Enreda, participa, actúa, blogue do ENDL da EPAPU de Ourense

Imos indo, blogue do ENDL da EOI de Ourense

Xesteira, blogue do ENDL do CPI Virxe do Cristal de Monfero

Premios á Innovación en Normalización Lingüística e outras experiencias normalizadoras

Boas Ideas, na páxina da SXPL

Outros materiais

Catálogo de regalos en galego do ENDL e a Biblioteca do CPI Vicente Otero Valcárcel de Carral

Tríptico informativo “Campaña a prol da Competencia lingüística”, Comisión de Normalización Lingüística da FERE-CECA

Tríptico-resumo das normas ortográficas do 2003, do ENDL do IES As Insuas de Serres (Muros)

Folleto de madeiras e Folleto de mobles, do ENDL do IES de Melide

Kit para a normalización lingüística, Arquivo de Sociolingüística do Consello da Cultura Galega

Campaña Chámate con Xeito da ANL da Universidade de Vigo

As linguas no sistema educativo galego, campaña da ANL da Universidade de Vigo

Vocabulario do material escolar, do ENDL do CEIP de Bergantiños

Presentación da Coordinadora de ENDL dos centros de ensino público de Redondela realizada para o II Seminario de Dinamización Lingüística no Ensino (SXPL)

Recursos en galego na rede para a mocidade, do ENDL do IES de Melide

Outras institucións e colectivos

Área de Normalización Lingüística da Universidade de Vigo

Servizo de Normalización Lingüística da Universidade de Santiago de Compostela

Servizo de Normalización Lingüística da Universidade da Coruña

Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua

Lingua de Amor, do Consello da Xuventude de Galiza

Observatorio da Lingua Galega

Advertisements

5 respostas a “Os ENDL móvense

  1. Atinadísimo. A min paréceme que fai falta, sobre todo, intercambiar estratexias. Para empezar, por que non temos un espazo común de referencia e participación na rede? Ou, simplemente, e propóñoche realizalo, un planeta de blogues sobre ese listado aberto que elaboraches. Por certo, un a engadir: Balbordo
    Parabéns polo traballo e as propostas. Só me choca unha cousa: apostar a actual Consellaría de Educación pola formación e apoio aos ENDL??

  2. Engadido Balbordo, grazas. Moitos Equipos teñen, claro está, un espazo propio na web dos seus centros e ese sería un traballo inmenso. Sobre o de facer un planeta de blogues non estaría mal. De feito, quería durante estas vacacións tomarlle o pulso a esas aplicacións e á rede Ning, sobre todo para establecer un espazo de encontro co ENDL de Carnota, co que este ano imos ter o intercambio de correspondencia e de visitas.

    Si que é difícil pensar que a Consellaría vai apostar pola formación e apoio aos ENDL, simplemente é un desexo.

  3. Pingback: normalizagaliza: Planeta de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística « Caderno de Lingua

  4. Pingback: Os ENDL móvense (actualización) « Caderno de Lingua

  5. Pingback: O Planeta ENDL supera as 100 subscricións « Caderno de Lingua

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s