Reordenando o blogue

Nótase ben que o curso acaba de comezar porque se multiplican as visitas ao Caderno de Lingua, que por outra banda non conta de momento con materiais novos. Todo se andará. O que veño de comprobar é que moitos visitantes clican en materiais cuxas ligazóns conducen a Seica chove no patio, bitácora do programa Prensa-Escola que mantiñan os grupos de 4º da ESO e onde eu ía colgando materiais empregados nas aulas o curso pasado. 

Debería ter feito antes a migración deses recursos cara a outro contedor de documentos mais o cambio de equipo (o anterior pediu papas) retrasou esta posta ao día. Penso que agora todos os materiais xa están en Scribd, un espazo onde aloxar documentos en distintos formatos que permite distribuílos ao xerar  un código que, ao xeito do Youtube ou do Slide, inserta e visualiza o documento no blogue persoal. No entanto, debe haber algún problema de incompatibilidade con WordPress que antes non había (en plataformas como blogspot ou blogger non hai problema). 

Manual de Scribd en vídeo ou .pdf (ambos en castelán aínda que estou a traducir o segundo ao galego: animo a todos/as a contribuír ao wiki ferramentasweb).

PD: veño de comprobar que a modalidade de bitácoras do programa Prensa-Escuela de La Voz de Galicia migrou a WordPress mais fíxoo de maneira moi pobre, cun só tema para escoller a súa apariencia e con todos os epígrafes en castelán, dende a hemeroteca ao nome das categorías e, por suposto, a toda a área de administración interna do blogue. Que uso máis limitado de WordPress cando as posibilidades son numerosas.

Advertisements

7 respostas a “Reordenando o blogue

  1. Boa nova!
    Para Scribd, parece que agora nin con Vodpod entra (!?). A única opción que vexo (pois o html das anotacións non acepta iframes) é capturar as presentacións para o pod. Sairían xunto cos vídeos no widget que tes na barra lateral.

  2. Desculpa, vexo que xa o fixeches.

  3. Ola, Xano!
    A verdade é que cando o intentei vía vodpod saíu un post co espazo en branco. Horas despois deime conta por casualidade que aparecía na barra lateral. É unha mágoa que entre incompatibilidades reais entre ferramentas e as estratexias empresarias de plataformas, servidores… ocorran estas cousas.
    Saúdos

  4. Estas cousas dan tantas voltas que marean a calquera. O caso é que o día menos pensado aparece algo mellor (en ferramentas ou en blogues).
    Ultimamente Firefox ten problemas cos contrasinais.
    Sigamos co traballo, que non é pouco, e todo se andará.
    Saúdos.

  5. ola roman!!!!!

    q tal somos borja e casas do grove coñecesnos nn aber cando bes a darnos una visita x ala q temos janas de verte os dous e q tal che bai espero q ben jajajaja bueno profe x aqui todo perfecto espero q eñas a dar una visita un saludo profe

    uu abrazo de borja e casas

  6. ei profe sn borja o de bizocas estiben x aqui vendo esto e esta bastante interesante nolame o rollo este bueno pois aber se me contestas q me fai ilusion eña profe un abrazo e coidate

  7. Ola, Borja!

    Non che contestei aquí pero si na páxina de José Manuel hai un par de días. Isto é o que escribira:

    Aproveito para saudar aquí a Borja e Casas, que me deixaron un comentario no Caderno de Lingua e que agradezo unha chea. Como preguntades se me lembro de vós? Pois claro, Borja, o futbolista e único alumno que cando foi a Madrid botou en falta a comida da casa, e Casas, esa promesa do remo… ou xa o deixaches?

    Pois moitas grazas pola visita e a ver se dou unha volta polas Bizocas. Veña, saúdos!

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s