Himno da GZ beatbox

Coincidindo coa celebración do seu centenario, alá polo mes de decembro trouxemos ao Caderno de Lingua unha manchea de versións do Himno Galego. Clásico, rockeiro, popeiro, aflamencado, machucado, institucional, gaiteiro… o poema de Pondal musicado polo mestre Pascual Veiga chegou a nós de múltiples formas, mesmo nunha versión beatbox-reague coa que nos agasallaron os músicos Martín Prego e Carlinhos Gende no obradoiro de hip-hop que impartiron no colexio alá polo mes de maio. Pouco despois Carlinhos Gende gañou o concurso “3, 2, 1…Click” organizado pola Concellaría de Xuventude de Vigo na modalidade de música co “Himno da GZ beatbox”. O obxectivo desta categoría era experimentar co himno galego buscando novas fórmulas diferentes da versión tradicional e o xurado valorou nesta versión a súa orixinalidade e a ruptura respecto do himno galego tradicional.

Tamén podedes escoitalo no seu sitio no Myspace, gendbeat, e grazas a A Nosa Terra TV recuperamos aquel obradoiro no vídeo “Beatbox… arte sen dependencias”.

PD do 22 de outubro:

O Himno tamén vai a ritmo de beatbox (entrevista a Gende en Vieiros).

John Balan, sen sabelo, xa facía beatbox (entrevista a Gende en La Voz de Galicia)

2 respostas a “Himno da GZ beatbox

  1. A verdade é que soa moi ben, polo menos a min gustame…:)
    1biQuiño.

  2. Pingback: Eduardo Pondal revisitado no ‘Hino de Galiza’ de El Puto Coke | Caderno de Lingua

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s