Un curso máis no CPI don Aurelio

Foto de Cuntis dende Castrolandín

Non as tiña todas comigo mais ao final andarei por Cuntis un ano máis. Marcharon compañeiros/as que botarei en falta -mais que andarán moi preto de aquí- e unha boa promoción de 4º da ESO que fixeron do curso pasado unha experiencia moi gratificante no profesional e no persoal. Mais tamén quedan compañeiros/as cos que compartir moitos momentos e aprender un lote de cousas… e chegan xentes novas ao CPI don Aurelio, ademais dunha fornada de 1º e 2º da ESO que iremos coñecendo aos poucos, aínda que neste pequeno centro ninguén é descoñecido/a.

E co novo curso novos proxectos que haberá que botar a andar ao tempo que seguimos con outros coma este blogue, que vai para un ano de vida e superou as 20.000 visitas en agosto. Cómpre que vaia espreguizándose para lle tomar o pulso ao novo curso.  

Non che vos é mala terra, non, a vila do Baño.

Advertisements

3 respostas a “Un curso máis no CPI don Aurelio

  1. É para min un pracer ser o primeiro en darche a benvida e desexarche a mellor das estancias no CPI. E agarda que te vexa o luns para dicircho en persoa…

  2. É para min un pracer ser o segundo en darche a noraboa, que non a benvida, que xa non podo… por poder alongar a túa presenza no Don Aurelio.Envío un saúdo a todo o persoal do colexio: profes, alumnos ademáis de Carmen, Tono e Paco,ou sexa un saúdo “urbi et orbe”.Espero poder ir pronto a visitarvos.
    Unha aperta.

  3. Para min tamén é un pracer ser o terceiro en darche a benvida, aínda que espero que baixes o ritmo de traballo (é imposible seguirte) e teñamos máis tempo para parolar, dentro e fóra do D. Aurelio.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s