Álvarez Blázquez: recapitulamos ou posteamos outra vez?

Por que nos facemos esta pregunta? Porque estamos na “tempada alta” do galego e cada día aparecen novos recursos na rede sobre Xosé María Álvarez Blázquez, que xa non sabemos se agrupar outra vez nun mesmo post a xeito de escolma definitiva ou ir actualizando segundo vaiamos descubrindo outros materiais. Desta volta, por medio de Rosa Salgueiro chéganos unha unidade didáctica sobre o autor para traballar en 4º da ESO. A autora é a profesora Ana Martins, do CPI Alcalde Xosé Pichel de Coristanco.

Por outra banda, gustaríanos destacar o proxecto “Palabras liberadas”, un DVD elaborado pola Biblioteca Municipal do Porriño que reúne poemas de Álvarez Blázquez recitados polo propio autor e na voz da súa familia e amizades. Ademais, inclúe cinco versións musicais dos seus textos, interpretadas por unha coral, por Uxía Senlle ou por hip-hopeiros. Podes escoitalo algunha destas mostras nas webs de Vieiros e A Nosa Terra.

E máis recursos:

– Biografía, escolma poética e actividades elaboradas con JClic é o que nos achegan do IES Concepción Arenal de Ferrol.

– Presentación de fotografías e poemas ilustrados en Biblio Cóntame, blogue do CPI Cova Terreña de Baiona.

– Poemas ilustrados e musicados na canle youtube do Recanto de Mik, bitácora da Biblioteca do CEIP Mestres Goldar de Vigo.

– E, por último, vía Remexer na Lingua, sabemos do recitado e ilustración de catro poemas do poemario Canle segreda por parte de alumnos/as do IES da Pobra do Caramiñal e dos vídeopoemas elaborados no CEIP Quintela de Moaña.

A todos eles/elas, alumnado e profesorado, parabéns por tanto e tan bo traballo.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s