Máis recursos sobre Álvarez Blázquez

Non sei se só é unha impresión mais penso que estas Letras Galegas 2008 están a demostrar que os/as educadores/as galegas están a apostar polas TIC cada vez máis… esperemos que até que un tsunami de demandas chegue a San Caetano. Boa proba diso é que seguen aparecendo novos recursos sobre a figura do autor homenaxeado este ano. A xente da Cooperativa de Ensino Andaina esta a deseñar un blogue colaborativo no que, tal e como explican, cada aula céntrase nun aspecto do autor ou o seu contexto e logo mediante o blogue o alumnado accede á globalidade. Tamén insisten en que “está aínda incompleto e moitos vínculos laterais inactivos, pois atópanse en pleno proceso de traballo e a punto de colgar os resultados das súas investigación”. Nós non o cremos así. Parabéns a Andaina!

E a compañeira Dolores Calo García achéganos unha presentación para a ESO que están a pasar no seu centro, o IES Castro Alobre de Vilagarcía, durante esta semana. Vaian uns merecidos parabéns camiño do Salnés.

Advertisements

Unha resposta a “Máis recursos sobre Álvarez Blázquez

  1. Pingback: Máis Letras Galegas « tic

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s