A unha semana da celebración das Letras Galegas, toca facer balanzo dos recursos que estas semanas foron aparecendo na rede arredor do escritor homenaxeado este ano e que fomos recollendo dende o Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística do CPI don Aurelio. Gustaríame agradecer dende o Caderno de Lingua o labor de difusión que está a facer o compañeiro Alberto Armada tanto no seu blogue como na web dinámica do noso colexio, que el se encarga de actualizar incansabelmente.
Seguro que estes traballos supoñen a penas unha parte ínfima dos que circulan pola rede e nos centros educativos. Os nosos parabéns a todos eles, especialmente ao profesorado de Infantil e Primaria que está a traballar arreo no aproveitamento educativo das novas tecnoloxías.
Mentres comezaba a escribir este post, Alberto acaba de elaborar un espléndido mapa de recursos coa aplicación Cmap (premer na fotografía):
Só nos resta sumar un novo xogo elaborado por Antón Vicente: