Vodpod videos no longer available. from es.youtube.com posted with vodpod
Novidosa está a ser a promoción do filme de Ignacio Vilar, tanto que nas dúas últimas fins de semana foi a fita máis vista nos cinemas de Ourense e Vigo… logo de arrasar, claro, na comarca de Valdeorras. Ninguén mellor que os seus protagonistas para nos relatar a experiencia, que tamén se pode seguir en meupradolongo, unha páxina moi completa e interactiva que dá boa conta da ambición e do esforzo promocional deste traballo conematográfico . No CPI don Aurelio mandamos recado á produtora, a ver se hai sorte.
Engádega do xoves 24 de abril: As salas compostelás rexeitan pasar o filme porque está en galego.