“Berlín”, de María Lado e Fanny & Alexander, con SplashCast

Vodpod videos no longer available. from vodpod.com posted with vodpod

Tras facer unha primeira incursión onte en Zoho Show, é a quenda de SplashCast no Caderno de Lingua. Aproveitando ese espazo de intercambio de experiencias docentes que é ‘agora rede, achegámonos a unha presentación multimedia que permite a combinación de vídeo, imaxes e textos orais e escritos. A proba que presentamos aquí é modesta e inclúe soamente música e unha imaxe de fondo mais poderíamos enriquecela ao noso gusto con máis imaxes, con texto escrito, incorporando a nosa voz… e conseguir presentacións coma esta, que dá boa conta das posibilidades educativas da ferramenta (agardamos ensinar algún froito da nosa rapazada do CPI don Aurelio en breve). Este titorial, deseñado especialmente para o alumnado, serve como guía introdutoria. SplashCast non foi localizado aínda en galego, nin portugués nin castelán, mais o seu manexo é totalmente intuitivo. Iso si, precisa práctica e algo de tempo mais non cabe dúbida que paga a pena levalo ás aulas.

O audiobook que nos serviu de probas é Berlín, poemario de María Lado con música orixinal de Fanny & Alexander que podedes descargar na Regueifa Plataforma. Ah! E ilustración de David Rubín, un dos mellores debuxantes galegos do momento.

Advertisements

4 respostas a ““Berlín”, de María Lado e Fanny & Alexander, con SplashCast

  1. Xa aprendín a facer algo con esta ferramenta. Puxen unha nova galería fotográfica na web.

  2. Pingback: ferradura en tránsito » Nove

  3. Dende que María Lado me regalou Nove nun dos seus recitas, quedei prendido dela. Á mañá seguinte tiven que ir a unha librería e mercar “casa atlántica, casa cabaret”. É unha das mellores poetas da lírica actual galega.

    Gracias por ser como es.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s