Ensaiando novas ferramentas

treminho

Seguindo os pasos da ´agora rede e de Xano, ensaiamos cunha nova ferramenta para as presentacións, Zoho Show (titorial), pois até o de agora non saiamos dos slides máis clásicos. Para estes últimos, limitámonos a crear presentacións co powerpoint que logo aloxamos nun espazo na rede ao estilo de Youtube ou Vodpod. Por regra xeral, son compatíbeis cos soportes (blogues, webs dinámicas, wikis…) que empregamos normalmente.

Zoho Show permite montar as presentacións directamente en liña ademais de subir as montaxes feitas no computador propio ao xeito dos slides comentados. De Zoho destacaría que o autor pode voltar sobre a súa edición unha e outra vez mentres que Slideshare, por exemplo, é estático, polo que habería que voltar a subir unha nova presentación actualizada dende o noso equipo para substituír a anterior. Polo demais, posúe unha gama de recursos moi completa especialmente no que se refire á apariencia, pódese visualizar directamente en rede en diversos formatos e pode integrarse noutras páxinas copiando o código.

Para facer estas probas botamos man da historia de Termiño, o personaxe da Biblioteca do CPI don Aurelio de Cuntis.

Advertisements

2 respostas a “Ensaiando novas ferramentas

  1. Parabéns á biblioteca. Pero para ver a historia, tiven que facer procura, a ligazón non me leva a ela. Si a través de http://show.zoho.com/public/romanlandin/A+historia+de+Termi%C3%B1o1

  2. Xa cha metín na web. Grazas. E tamén a Xano por sinalar o enderezo.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s