Chamando ás portas do ceo

Esta semana morreu John Balan na residencia de anciáns na que vivía dende hai uns anos. Supoño que @s máis nov@s preguntarán: e quen era John Balan? O home orquestra, un artista total que na miseria da posguerra foi quen de construír un mundo de película a medio camiño entre a cordura e a tolemia á que só teñen acceso os xenios. Quen non soñou nunca con ser vaqueiro? El foino.

Mirei por primeira vez a John Balan, veciño da parroquia marinense de Seixo, sendo un cativo nun pub que había no centro da vila varios números máis arriba da casa dos meus pais e realmente só lembro iso, como quen recorda algo extraordinario, só a ocasión sen chegar a lembrar máis nada. Logo xa gardo algún recordo de atopalo por Marín ou de velo na TVG anos despois presentando un ciclo de cinema do oeste. E, claro está, todas as historias que se contaban del na nosa vila. Como aquela que me contou meu pai de cando Balan atracou os seus compañeiros, Ismael e José Patata (a este si o tratei), á volta dunha actuación en Bueu para quedar coa recadación, que era dos tres. Ou como aquela teima que tiña Balan de lle falar en inglés ao meu tío Felipe cando sentaba a par del no mítico trolebús a Pontevedra. Por non falar de frases para a histora como “un home pobre y sin dinero es un bulto sospechoso” ou “Se lo dice John Balan, gran comedor de fanecas”, sempre impregnado o seu castelán do seseo natal de Loira.

A última vez que o mirei foi nunha “Ultranoite” da Sala Nasa. Os condutores do acto presentárono como unha grande estrela que dignificaba o recinto coa súa presenza mítica. E abofé que o dicían en serio. John Balan devolveu o cumprido: “Buenas noches, es un honor para mí actuar hoy ante tan distinguido público en esta reconocida sala de fiestas”. E, a continuación, apareceu o xenial home da porta.

Onte morreu Manuel Outeda, xente necesaria que de non existir habería que inventar.

Sirva como homenaxe o microrrelato Unha actuación estelar, de Fran Alonso, e o ska “John Balan” (aquí tamén) dos coruñeses Dandy Fever.

http://www.goear.com/listen/3908f42/john-balan-dandy-fever

Unha resposta a “Chamando ás portas do ceo

  1. Caramba Román! grazas a ti e máis a Manuel, retrocedín no tempo e recordei a este singular home e a súa porta “instrumental”.

    Parabéns por este entrañable recordo! e un biquiño para ti.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s