Estrea de Pradolongo, filme rodado integramente en galego.

Mañá chega ás carteleiras Pradolongo, unha produción rodadamente integramente en lingua galega. O pase inaugural terá lugar no Teatro Lauro Olmo do Barco de Valdeorras este venres, 14 de marzo, ás 20,00 horas. Rodada vinte anos despois de Sempre Xonxa e case nas mesmas localizacións de Valdeorras, o director petinés Ignacio Vilar retoma o espírito daquel filme mítico.Parte dos actores foron elixidos a partir de castings realizados en diversos institutos, dos que xurdiu un dos protagonistas: Roberto Porto. A película achegarase aos rapaces de toda Galiza mediante presentacións en institutos, charlas e coloquios. PRADOLONGO está protagonizada por Rubén Ríos (“Libro de Familia”), Tamara Canosa (“Días Azuis”, “Heroína”) e o debutante Roberto Porto.O filme narra a historia de tres amigos da infancia que veñen de cumprir a súa maioría de idade. O amor que Martiño e Armando comezan a sentir por Raquel e a poible venda de Pradolongo, a louseira do pai de Armando, obrígaraos a reconsiderar os seus soños e os vínculos que os mantiveron unidos dende a infancia.Especialmente recomendábel é a visita da páxina web do proxecto.
Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s