II Certame de Poesía Xosé A. Barral do IES As Bizocas (O Grove)

Dende a Biblioteca do IES As Bizocas avísannos que o xurado do IIº Certame de Poesía Xosé A. Barral decidiu ampliar o prazo de entrega de orixinais até o próximo 14 de marzo debido á boa acollida dun concurso que este ano se estende a toda a comarca do Salnés nas modalidades de ESO e Bacharelato.

O xurado está presidido polo escritor Ramón Caride e, segundo se recolle nas bases do certame, os poemas gañadores acadarán un premio de 125 euros e serán musicados pola Orquestra Orff do instituto. O 2 de abril, Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil, coñecerase a resolución desta nova edición.

Dende o CPI don Aurelio de Cuntis non poderemos participar mais aproveito para lle enviar unha forte aperta á comunidade escolar das Bizocas, parte da cal podemos ver nesta fotografía que dá boa conta dunha fermosa experiencia educativa e humana.

 

Advertisements

Unha resposta a “II Certame de Poesía Xosé A. Barral do IES As Bizocas (O Grove)

  1. rocio garcia loira

    alegrome moito das cousas que estades a facer mandovos un saudo e unha aperta moi forte coidadevos moitisimo
    un saudo:

    rocio…

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s