CRAescuela

A Secretaría Xeral de Política Lingüística vén de publicar un especial na súa páxina web sobre o labor dos Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística. Nel danse a coñecer diferentes proxectos que mereceron o recoñecemento dos Premios á Innovación en Normalización Lingüística e que se levan a cabo ao longo do presente curso 2007-2008.

Destaca, na miña opinión, o proxecto CRAescuela do Colexio Rural Agrupado Nosa Señora do Faro (Ponteceso) por atender a un ámbito moi importante para o futuro do galego, a Educación Infantil e Primaria, que, no entanto, non viña merecendo unha atención especial, xa porque non se elaboraban programas e materiais específicos, xa porque non requiriu a mesma atención cós Equipos dos institutos ou simplemente porque non os coñecíamos.

Trátase dun proxecto que fomenta o uso da lingua na escola a través das Tecnoloxías da Información e da Comunicación (TIC), en concreto, dos móbiles. E incide no contorno inmediato dos colexios posto que o alumnado e os seus pais tiran imaxes, vídeos e sons en mp3 cos seus móbiles co obxecto de recoller o patrimonio cultural e ambiental do lugar. Nunha segunda fase, sóbese a información á súa páxina na rede, onde poderedes atopar -e descargar- ilustracións, contos, unidades didácticas, xogos…

O elefante triste, por Brais Ortiz Trillo.

É moi interesante a seguinte reflexión que fan os autores do proxecto:

Cando se nos ocurriu a idea de que deberíamos desenrolar e implantar un Proxecto Web pensábamos que estabamos innovando. Nada máis lonxe da realidade, ó pouco de comenzar démonos conta que estabamos cubrindo unha necesidade non atendida ata a data.

Di a lei de Moore que a tecnoloxía cambia cada 18 meses, pero a lei Demi-Moore di que a xente asimila e incorpora eses avances á metade desa velocidade. O que si xa está claro é que cando os nosos nenos e nenas pasen ó segundo ciclo xa haberá unha nova tecnoloxía que practicamente fará obsoleta as aplicacións do presente. O problema está en que ós nenos e nenas non lles afecta a lei Demi-Moore.

Nembargantes non empezamos mal, audio, vídeo, actividades en rede permitirán ós nosos nenos aprender o concepto de cómo a rede funciona para que cando chegue o que se da en chamar a Internet Martini “onde estés e á hora que estés”, poidan enfrontarse ó desafío que se aveciña. A nós déronnos un … difícil de definir, tal vez unha posta ó día moi acelerada xa que en tan só 2 meses logramos publicar o que ven na nosa web, un punto de partida que non ten parada final senón que está en constante evolución.

Para aqueles que aínda están pensando se SI ou se NON, SI agora ou nunca é o noso consello. Os mercados son conversacións, que din os expertos, falemos pois nós xa temos o Noso Proxecto Web.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s