A sociolingüística nas aulas

Nesta última semana do trimestre, e logo de traballar anteriormente o plurilingüismo no contexto europeo e peninsular, introducimos o concepto de normalización lingüística nas aulas de 4º da ESO. Fixémolo a partir de dous textos xa coñecidos: a “Fábula do castellanoparlante” (tirado -creo- dalgunha das entregas das Prácticas de Lingua de Antonio Colmenero) e a “Guía Sexual da Sociolingüística” (artigo de Séchu Sende que ficou en segundo lugar no III Premio a artigos xornalísticos normalizadores 2007 do Concello de Carballo).

Fábula del castellanoparlante

Guía Sexual da Sociolingüística

Á hora de manexar os materiais do libro de texto, bótase en falta un tratamento da sociolingüística máis acaído, un enfoque máis construtivo e positivo que apele ao uso do idioma como instrumento comunicativo e en función dos usos, dos dereitos e da súa proxección internacional fronte a conceptos como “opresión” e “autoodio”, que é nos termos nos que se expresa o conflito lingüístico no manual que manexamos este curso. O factor identitario é importante, cómpre reforzalo en moitos sentidos porque vai ser beneficioso para o benestar de tod@s, mais facer recaír na lingua o peso fundamental -por veces único- da identidade galega é perigoso á vez que improdutivo para o proceso da normalización: “Se aínda somos galegos é por obra e graza do idioma”, “Se es galego debes falar galego”, “Mentres haxa un galegofalante existirá Galiza”… Non parece que se traballase moito historicamente esoutro discurso que construíse valores positivos en torno á lingua.

O éxito do Made in Galiza de Séchu Sende no ensino ten a ver algo con isto, non só pola mudanza nas formas senón tamén no enfoque dos contidos. Como afirma o autor, “o proceso de normalización da lingua galega é un proceso comunicativo conflitivo. Os axentes sociais máis críticos denunciamos a ineficaz política lingüística da administración, o desprezo dos media ou a eficacia da escola para desgaleguizar as novas xeracións. É un proceso no que o enfrontamento e a queixa son continuos. A perda da lingua é un drama, abofé. Mais que pasaría se ligásemos o discurso da normalización da lingua ao pracer? Se falásemos desde o discurso da satisfacción e a analoxía do bico?”.

Obrigado a Séchu Sende por tantos textos proveitosos!

Advertisements

4 respostas a “A sociolingüística nas aulas

  1. Ola Román,

    parabéns polo teu espazo.

    Grazas ao teu traballo estou eu a aforrar moitos minutos de pescuda pola rede. O certo é que hai moi pouco material do que botar man e sería boa a existencia dun lugar no internet que compilase os esforzos dos/as traballadores/as do galego.

  2. Pingback: ‘Made in Galiza’, de Séchu Sende (guión de traballo da lectura) | Caderno de Lingua

  3. Pingback: Aula de Lingua

  4. Pingback: Fontes | A profa (en probas)

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s