“The ancient way”, un documental multimedia imprescindíbel.

Photo Sharing and File Hosting at Badongo.com

“Montaxe tomada de Manuel Gago

Hai un par de anos descubrín The Ancient Way / O Camiño Antigo grazas a ese observatorio fundamental da nosa cultura que é o portal culturagalega.org. E decidín botar man del inmediatamente nas miñas aulas de Lingua e Literatura Galegas na UPV/EHU: que mellor alumnado que aquel -composto na súa inmensa maioría por rapaces e rapazas alleos á realidade galega, cando non provistos dos típicos prexuízos que circulan sobre Galiza- para comprobar a eficacia pedagóxica deste recurso excepcional.

The Ancient Way é un documental multimedia nacido da colaboración das Universidades de Santiago, Carolina del Norte en Chapel Hill (EEUU) e Os Andes (Chile) como traballo práctico dun grupo de máis 30 estudantes de infografía, profesores e xornalistas, e o seu fío condutor é a cultura galega popular nas súas máis variadas manifestacións: calquera que percorra este Camiño Antigo (en galego, castelán ou inglés) obterá unha moi completa panorámica dos costumes e tradicións deste vello país noso nunha combinación de audio, vídeo, fotografía e infografía de grande calidade e coidada aparencia.

A tradición oral, a música, a carpintería de ribeira, o mar, os xogos populares, a rapa das bestas, a gastronomía, as festas… son algunhas das súas historias.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s