Phonetics

Os Departamentos de Lingua Galega e Lingua Castelá do CPI don Aurelio acordaron distribuír algúns contidos das materias de 3º e 4º da ESO para cada unha das áreas co fin de non duplicar esforzos e sesións dedicadas a cuestións comúns como a análise morfosintáctica, visto que xa nos “pisamos” nalgunhas ocasións no que vai de curso.

Xa que en terceiro a compañeira de LC vai comezar por traballar as unidades lingüísticas e as funcións sintácticas, en LG poderemos deternos un bocado máis na produción dos sons lingüísticos. Ademais, a fonética do alumnado do CPI don Aurelio de Cuntis é óptima en lingua galega, feito que nos permite profundizar e reflexionar máis devagar sobre os diferentes mecanismos que inciden na produción dos diferentes fonemas: localización, modo e punto de articulación, vibración ou non vibración das cordas vocais…

A colaboración dos Departamentos de Español e Portugués, Alemán, Audioloxía e Patoloxía do Discurso e mais Tecnoloxía da Universidade de Iowa deu como froito esta interesante simulación interactiva, Phonetics, the sound of the spoken language, que describe os sistemas fonéticos do inglés, do alemán e do español e, así mesmo, contén unha introdución xeral sobre anatomía articulatoria.

Non nos foi posíbel atopar nada semellante para o mundo lusófono nin para a variante galega do idioma, o que evidencia máis unha vez a necesidade urxente de contar cunha plataforma de recursos impulsada pola Consellaría de Educación na que aloxar tanto os materiais que se están a elaborar de xeito isolado e voluntarista nos centros educativos como aqueles que, por exemplo este que presentamos, xa están disponíveis na rede.

Anatomía articulatoria

anatom�a articulatoria

Fonética: os sons do español.

sons do espanhol

Para o seu visionado precísase Flash Player 7.

Advertisements

2 respostas a “Phonetics

  1. Está moi ben a simulación. Mágoa que non inclúa o (galego)portugués.
    En Contidos Educativos ( http://www.edu.xunta.es/contidos/portal/index.htm ) teñen algún recurso con presenza parcial do galego, mais moi básico e tomado do cnice ( http://w3.cnice.mec.es/eos/MaterialesEducativos/mem2001/sonidos/ ). A cuestión é que as asesorías de Contidos non se dedican exclusivamente a isto, como case todas as outras da Consellaría, e non parece que os criterios de escolla sexan os máis axeitados: non teñen rexistrados recursos como o da Auga… do IES da Sangriña, o que clama ao ceo.

  2. Grazas polas ligazóns, Xano. Nas buscas que fixen dábame algo no CNICE mais a ligazón conducíame ao desanimante “Non se atoparon documentos”.

    E, de verdade, no Portal de Contidos da Consellaría hai que entrar de tarde en tarde porque xa cansa atopar case sempre o mesmo: algún traballo loábel iniciativa dalgún compañeiro/a entre ducias de ligazóns a recursos e ferramentas de sobra coñecidos. Debían supoñer que tradutores, dicionarios incompletos, mudanzas normativas, Galipedia, Loia… (sen desprezar, por suposto, o seu valor)non é o que se demanda precisamente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s