Outono de fantasía na literatura galega

Os guéghel, de longas guedellas, son as xentes que viven en Gaidil, a terra da fin do mundo. Gobernados dende o Trono de Carballo polo Breogán, o seu líder hereditario que toma o nome dun heroe mítico, os guéghel son xentes libres, druídas, feiticeiros, loitadores, canteiros, alfareiros… fan o que sexa útil para o castro que lles dá acubillo. Adoran o deus Lugh e temen a súa inimiga, a escura Dana. E, dende logo, só existen na imaxinación.

O mundo da fantasía está de noraboa nas letras galegas pois dúas novas iniciativas chegan ás librarías do país para enriquecer unha oferta editorial a cada pouco máis plural, rica e arriscada.

Agora que o rol galego comeza a saír das sombras, ve a luz o primeiro xogo de rol galego e en galego: As crónicas de Gáidil. A súa edición pola firma ourensá Difusora supón un fito no mundo do rol galego. Trátase, en palabras de Nacho Rodríguez, un dos autores, dun “xogo de ambientación castrexo-fantástica. Ten algo de espada e bruxería e elementos comúns a moitas ambientacións de rol, como diferentes razas, maxia e cousas polo estilo. E iso está mesturado con mitoloxía autóctona e celta”. O mundo de Gael-leach “é como se en Galiza non tivesen chegado os romanos e o país continuase nun mundo mítico. Todo isto nun contorno fantástico que ten as súas propias razas e peculiaridades”.

E sen saír do mundo do misterio, a fantasía, a ciencia-ficción e o terror nace Urco Editora, unha empresa con base en Santiago que ten xa en preparación oito libros en tres coleccións distintas con relatos de autores como Robert E. Howard, Lovecraft, Washington Irving ou Edgar Allan Poe que inaugurará o catálogo cunha edición ilustrada de O Corvo.

Como fixemos noutro lugar, só nos queda felicitar aos responsábeis destas iniciativas polo camiño que acaban de abrir para todos nós.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s