Cantigas de Martin Codax

Logo de que o grupo de 2ºAE vise durante as primeiras semanas de curso a Lírica Galego-Portuguesa Medieval, agora é a quenda dos grupos de 3º. É ben sabido que as cantigas naceron para seren cantadas mais os nosos cancioneiros medievais carecen de notación musical. Houbo que agardar á azarosa descuberta do Pergamiño Vindel en 1914 para coñecer as únicas mostras que se encontraron até hoxe da canción profana galaico-portuguesa xunto coas sete cantigas de amor de Don Dinís achadas no Pergamiño Sharrer.

vindel

Para facérmonos unha idea de como poderían soar as cantigas na altura, o Grupo de Música Antiga Martin Codax interpreta a cántiga “Mandad’hei comigo”.

Mandad’hei comigo
ca ven meu amigo:
e irei, madr’, a Vigo!

Comigu’hei mandado,
ca ven meu amado:
e irei, madr’, a Vigo!

Ca ven meu amigo
e ven san’e vivo:
e irei, madr’, a Vigo!

Ca ven meu amado
e ven viv’e sano:
e irei, madr’, a Vigo!

Ca ven san’e vivo
e del-Rei, amigo:
e irei, madr’, a Vigo!

Ca ven viv’e sano
e del-Rei privado:
e irei, madr’, a Vigo!

4 respostas a “Cantigas de Martin Codax

  1. Estas cantigas son do mellorciño da literatura mundial de tódolos tempos. Por certo, recibín a túa mensaxe e podes estar seguro de que o que che poida levar de adianto nisto dos blogs a día de hoxe valo superar de longo en poucos días. Tés unha potencialidade abraiante e non tardarás moito en converterte nunha autoridade nestes eidos. Así que a miña resposta responde ó tempo á súa propia demora no mesmo: non estou seguro, pero coido que non hai xeito de vencellar unha entrada a unha páxina determinada máis aló de que estea aloxada nesa páxina en concreto. Agora ben, seguro que xa sabes que cando vencellas unha entrada a unha categoría, se logo clicamos nesa categoría aparecerán tódalas entradas que teña asignadas estean nas páxinas que estean. Tamén podes consultar (como din nos foros cando non se sabe algo) na axuda de wordpress (es.wordpress.com) elixindo español como idioma. Aí non resolven case ningunha dúbida pero ¿quen sabe? Saúdos.

  2. É un pracer atopar espazos coma este abertos ao intercambio. Pasaremos a miúdo, tamén por Seica chove no patio?
    Parabéns e un saúdo, Román.

  3. Pingback: Presentación sobre literatura galego-portuguesa medieval « Caderno de Lingua

  4. Pingback: Proposta de comentario literario para unha cantiga medieval | Caderno de Lingua

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s