Arquivo por etiquetas: Castelao

“Álbum Nós” e “Álbums de Guerra” de Castelao en Splashcast

O Caderno de Lingua chega ao post número 100 a piques de cumprir un ano de vida, de aí que, ademais de seguir medrando, cumpra mellorar o material publicado que sexa susceptíbel de facelo, que é moito. Grazas ás observacións de Rosa (agradecería aos visitantes do blogue que me trasladasen este tipo de problemas e correccións de todo tipo), volvo sobre a entrada Castelao: Álbum Nós e Álbums da Guerra (04-02-2008), que recolle parte da obra gráfica de Castelao por medio de dúas presentacións con música elaboradas con Snips. Esta aplicación non permite visualizar os diaporamas en pantalla completa, depreciando xa que logo o seu valor como recurso para usar na aula. No entanto, con Splashcast (titorial de Xano en Ágora Rede) é posíbel ver as presentacións en diversos tamaños (ao pasar o cursor por riba da presentación unha vez iniciada) e permite integralas directamente en WordPress, aspecto que non era factíbel coa anterior ferramenta. Ademais, tanto as creadas con Snips como con Splashcast atópanse no meu espazo en VodPod, accesíbel na columna esquerda do blogue.

A primeira presentación recolle as láminas do álbum Nós ao completo acompañadas polo tema homónimo do disco Zume de terra (2007), de Xosé Manuel Budiño, que inclúe nos primeiros compases a voz do propio Castelao nunha mensaxe gravada en fonopostal na Central de Correos de Bos Aires, co gallo da estrea de Os vellos non deben de namorarse, no Teatro Solís de Montevideo o 8 de outubro de 1941.

O segundo slide é unha compilación dos álbums da guerra do artista rianxeiro: Galicia mártir, Atila en Galicia e Milicianos. A banda sonora correspóndelle a “A Daniel R. Castelao”, de Suso Vaamonde, do disco Nin rosmar dun laído, gravado ao vivo en Moaña en 1977.

Castelao: Álbum Nós e Álbums da Guerra.

Achegamos ao Caderno de Lingua parte da obra gráfica de Castelao por medio de dúas presentacións con música. 

A primeira recolle as láminas do álbum Nós ao completo acompañadas polo tema homónimo do disco Zume de terra (2007), de Xosé Manuel Budiño, que inclúe nos primeiros compases a voz do propio Castelao nunha mensaxe gravada en fonopostal na Central de Correos de Bos Aires, co gallo da estrea de Os vellos non deben de namorarse, no Teatro Solís de Montevideo o 8 de outubro de 1941.

 

 

O segundo slide é unha compilación dos álbums da guerra do artista rianxeiro: Galicia mártir, Atila en Galicia e Milicianos. A banda sonora correspóndelle a “A Daniel R. Castelao”, de Suso Vaamonde, do disco Nin rosmar dun laído, gravado ao vivo en Moaña en 1977. 

Ao WordPress non permitir a compatibilidade con certos recursos da rede como eSnips, onde están aloxadas estas presentacións, pódense ver directamente premendo nas ligazóns ou nas portadas anteriores.
PD (26-10-08): actualización deste post para un mellor visionado das presentación aquí.

Alfonso D. Castelao

Percorrido pola vida e a obra, especialmente a gráfica, do intelectual galeguista.