Caderno de Lingua

O galego na rede, espello da súa situación na sociedade? (I)
Como anda o panorama da lingua galega na rede? Vaia pregunta que lanzan as boas xentes de Irimia (blogue da asociación) no número 847 (23 de xaneiro ao 5 de febreiro) da súa publicación. Mais responden eles mesmos na propia portada: “Todo o que vai á rede é peixe”. E diso andamos necesitados, de contidos, en cantidade mais sobre todo en calidade, e niso cavilei un chisco para esta primeira entrega (que vai precedida dunha entrevista a Socorro García Conde, responsábel do Departamento de Lingua Galega do Concello de Santiago). Para a quicena próxima seguiralle a este artigo unha segunda parte.

View this document on Scribd

Unha aclaración necesaria: cuestión de método

A esta pregunta respondía Xavier Gómez Guinovart en 2003 (A lingua galega en internet): “a situación de minoración (inferioridade e subordinación) do galego en Galicia reprodúcese en Internet en toda a súa crueza”. Facíao logo de cruzar índices como o idioma dos contidos das páxinas e o número de falantes dun idioma seguindo os datos servidos polo buscador Alltheweb (hoxe desaparecido). Cos problemas metodolóxicos que recoñecía para contar con indicadores fiábeis, o galego aparecía daquela no posto 37º, con 98.998 páxinas, o que viña sendo o 0’014% das páxinas da internet. Cruzando o número de webs nunha lingua e a cantidade de falantes desa lingua saía a 0’025 páxinas en galego por falante. Considerando a rede como un espazo propicio para a homoxeneización cultural e lingüística, cara ao inglés e o castelán, Guinovart, fundador do Seminario de Lingüística Informática da UVigo, sinalaba que habería cincuenta veces máis páxinas en inglés, e dúas veces máis en castelán, ca en galego.

Era moito ou pouco? Cal era e é o grao de vitalidade do galego na arañeira? Que pasou dende entón? Parece arriscado estabelecer comparacións entre linguas francas, estatais, locais, de países subdesenvolvidos con escaso acceso á rede, etc. mais o certo é que en internet, non no espazo físico, si “compiten” todas. A Unesco sinalaba en 2008 (Doce anos medindo a diversidade lingüística en internet: balance e perspectivas) que, tras se afinaren os mecanismos de investigación, a arrolladora presenza do inglés de comezos de século (ao redor dun 80% dos contidos) non era tal e que a presenza dunha lingua no ciberespazo é moi semellante á que ten no mundo real. Ademais, se consideramos que en territorios que se incorporaron máis tarde á rede os usuarios primeiro consomen contidos feitos por outros (noutras linguas) e que pouco a pouco os van creando (xa nas súas) ese índice (falantes/contidos) perde valor. En definitiva, o que precisa unha lingua para posicionarse na rede son políticas de alfabetización dixital e de creación de contidos, non só de acceso á internet.

A clave tamén está, polo tanto, na fenda dixital, que nun país coma o noso, con indicadores tan negativos como o avellentamento da poboación e a dispersión xeográfica, non é unha cuestión menor. A un período inicial precoz para o inglés seguíronlle a eclosión asiática (onde alternan linguas locais e o inglés),  impulsos para o español e o portugués polo acceso de Sudamérica á rede e a aprobación de dominios xenéricos (.org ou .net) que se suman aos estatais (.us, .es. ou .br), o que redundou na falta de rigor dos datos e de aí que se considere que actualmente hai unha maior diversidade lingüística en internet.

A calidade e a colaboración en rede, requisitos para xogar na división do galego

O galego pode considerarse no ránking global pero, sobre todo, xunto ao catalán, o irlandés ou o frisón, no dos idiomas minorizados que se falan en países desenvolvidos. Precisamos, entón, medir en calidade, non só en cantidade. E aquí é onde pensamos que a internet cumpre un papel fundamental no proceso de normalización lingüística porque é imprescindíbel crear contidos en galego; porque as TIC lle confiren prestixio social e utilidade; e porque, nun contexto global como o actual, as novas tecnoloxías e as novas plataformas de comunicación ofrécenlles ás linguas minorizadas unha oportunidade única para facerse visíbeis e afondar na sensibilización social contribuíndo á diversidade cultural e lingüística do planeta.

Precisamente, nestes días a cultura e a lingua galegas poden conseguir un dominio propio grazas á iniciativa Puntogal, apoiada por 12.000 persoas e unhas 180 entidades. O esforzo conxunto da sociedade civil é a que está  paliando a ausencia dunha política lingüística institucional que cree as condicións favorábeis para a extensión da lingua na rede. Porque calidade, cooperación e compromiso haino en quen desenvolveu o software libre en galego: as comunidades de usuarios como o Proxecto Trasno e as empresas do sector das TIC, principalmente agrupadas en torno a EGANET e AGASOL, que fan que hoxe en día poidamos traballar con sistemas operativos como Ubuntu, buscar información a través de Firefox ou Chrome e dispoñer dun abano, nunca suficiente pero xa importante, de numerosos programas.

Imos tendo tamén un bo número de ferramentas lingüísticas: dicionarios (Digalego ou e-Estraviz), tradutores (Opentrad, Apertium ou Traducíndote), correctores (Ortogal, OpenOffice ou Golfiño), glosarios (cunha importante  implicación dos SNL e os grupos de traballo das universidades) e mesmo aplicacións para os cada vez máis presentes, porque a rede viaxa con nós, dispositivos portátiles (como os deseñados por Galapps para o sistema operativo Android). É tamén a comunidade usuaria a que fai medrar cada día a Galipedia; a que posibilitou a opción do galego na plataforma de blogues WordPress (sen esquecer a dinámica Blogaliza); que Google ofreza parte dos seus servizos en galego (faltan Gmail e Blogger!); que redes sociais tan importantes como Facebook ou Tuenti estean en galego, como a oriúnda Cabozo; ou que hoxe en día estea en marcha unha campaña pola galeguización do Twitter (@tweet_en_galego).

De lado destes avances protagonizados por usuarios, colectivos e empresas bótase en falta unha planificación lingüística concibida para a sociedade da información, tanto, que os contributos da administración son pequenos ou chegan cando os proxectos están maduros e percorreron sós o camino. Ou aposta polo software privado (negocia con Microsoft, a quen se lle compran milleiros de copias) mentres desmantela iniciativas como Mancomún. Ou implántase un caótico programa Escola 2.0 con miles de custosos equipos sen implicar as empresas galegas do sector e sen formar nin incentivar o profesorado para elaborar e partillar contidos. Ou, en fin, non explora as posibilidades que a rede brinda para a sensibilización social que iniciativas colaborativas como Eufalo.TV ou GalegoLab, e campañas como Orgullos@s do galego da CGENDL,  demostran que son posíbeis.

II Encontro de equipos e docentes pola normalización
Chega a segunda edición da xornada formativa, de intercambio de experiencias e de convivio que é o Encontro de equipos e docentes pola normalización que organiza a Coordinadora Galega de ENDL. Terá lugar na mañá do sábado 11 de febreiro no IES As Fontiñas de Santiago de Compostela e para inscribirse tan só  fai falla confirmar asistencia enviando un correo a correo@coordinadoraendl.org.

O programa ábrese cunha análise do modelo educativo dos centros plurilingües posto en marcha no sistema educativo galego pola Consellería de Educación a cargo de José Manuel Vez Jeremías, catedrático de Didáctica da Lingua e Literatura na Facultade de Ciencias da Educación da USC e fundador e presidente do Observatorio Atrium Linguarum. A seguir, Mercedes Queixas Zas, profesora de ensino secundario e autora de numerosos materiais divulgativos sobre a lingua e a literatura galegas, achegará unha visión do Tratamento Integrado de Linguas, unha proposta necesaria e seria para avanzar con realismo na adquisición da competencia lingüística plurilingüe. Dúas quendas de encontros para partillar experiencias e recursos entre os Equipos de Normalización Lingüística darán paso á presentación de actividades da CGENDL para desenvolver en rede durante o que resta de curso e da iniciativa Vitaminas para o Galego, unha das campañas que apostan  nestes últimos meses polo galego nos medios de comunicación. Así mesmo, haberá unha mostra de materiais producidos polos Equipos que queiran difundir e compartir parte do seu traballo.

En definitiva, un foro preciso para avanzarmos na normalización da lingua galega, unha ferramenta creada polos propios Equipos e o profesorado para aminorar, na medida do posíbel, as consecuencias do abandono da administración educativa.

No reinado de Celso Emilio Ferreiro
A música serviunos para lle dar a benvida noutro lugar ao Ano Celso Emilio Ferreiro, que conmemora o centenario do nacemento do poeta e o cincuentenario da publicación de Longa noite de pedra, fito da poesía peninsular da posguerra.

Agora retomamos a figura e a obra de Celso Emilio Ferreiro (no noso arquivo: A cultura e a lingua galega baixo a Ditadura, Poesía contra a ignorancia e Pintemos a lingua de azul polo galego!!!) tamén a través da música. Mais cambiamos de rexistro cos Labregos do tempo dos Sputnik (ver cap. 25 de Música Ambiente, de V Televisión, a partir do 6’56″), o combo formado polo Leo, García MC e Senén Outeiro, músicos novos mais cunha ampla traxectoria na escena galega que, precisamente, tomaron por nome grupal un verso do escritor celanovés.

O poema “O meu reinado” foi publicado en Longa Noite de Pedra e os Labregos musicárono para incluír no número de xaneiro da Revista Arraianos. Mou encargouse de gravar, mesturar e masterizar en Rapapoulo Estudio esta versión que vén e vai a México entre aceleróns punkis e versos rapeados. Podedes descargala en diversos formatos e incrustala nos sitios web dende aquí.

Engadimos a esta primeira entrada do ano de Celso Emilio Ferreiro dúas antoloxías (unha e dúas) e dous cartaces dixitais escolares, un bibliográfico e outro de escolma poética. E non esquezades que hai máis composicións musicadas do autor en Son de Poetas, a antoloxía da poesía galega musicada.

<object height="81" width="100%"><param name="wmode" value="transparent"><param name="movie" value="http://player.soundcloud.com/player.swf?url=http%3A%2F%2Fapi.soundcloud.com%2Ftracks%2F34312664&g=1&"></param><embed height="81" src="http://player.soundcloud.com/player.swf?url=http%3A%2F%2Fapi.soundcloud.com%2Ftracks%2F34312664&g=1&" type="application/x-shockwave-flash" width="100%"> </embed> </object>

O meu reinado

Eu son o rei de min mesmo;

goberno o corazón

na libertá do vento e dos camiños.

Eu obedezo ás miñas propias leises

i os meus decretos sigo ao pé da letra.

Un cetro de solpores,

unha croa de nubes viaxeiras,

un manto avermellado

de soños i esperanzas

no limpo alborexar de cada día,

dame o poder lexítimo do pobo.

Represento aos calados,

interpreto aos que foron

voces da terra nai

nos antergos concellos da saudade.

Eu son un rei.

Un labrego do tempo dos sputniks.

Titoriais en galego para WordPress e Blogger
Peneirando a rede na procura de recursos e contidos para un curso que comezará en breve a través de Platega, a plataforma de formación a distancia da Consellaría de Educación, atopei dous manuais (ambos como presentacións en Slideshare) para a creación e xestión de blogues nas dúas plataformas de referencia: WordPress e Blogger.

Sobre o primeiro servidor, temos un traballo do usuario Maneiro (moi recomendábeis para o profesorado de Ciencias Sociais os seus diaporamas sobre o relevo e temas de historia), que engade unha descrición de funcionalidades e tipoloxía dos blogues educativos. De Blogger, plataforma de Google que aínda non ofrece a opción de idioma en galego, contamos cun manual de Xacobo de Toro para iniciar (e algo máis tamén) “unha primeira andaina” nestas bitácoras. Deste profesor de Bioloxía e Xeoloxía e Ciencias da Natureza do CPI Conde de Fenosa, tamén son de grande utilidade as presentacións e documentos (apuntamentos e tarefas) da súa área de coñecemento aloxadas en Slideshare e os artigos divulgativos que publica seu blogue especializado en algas (en castelán e galego).

Nin que dicir ten que a existencia de titoriais en galego para o manexo de software e das mil e unha aplicacións da rede (mesmo de pequenas tarefas que ás veces se converten en obstáculos para moitos usuarios principiantes) tamén ten unha grande importancia para a extensión dos usos lingüísticos no ámbito das novas tecnoloxías. Deixando á marxe a súa implementación e o número e  calidade dos contidos (en xeral e no que respecta á lingua), é lamentábel que tras dous cursos de percorrido de Abalar e Escola 2.0 aínda carezamos dun repositorio amplo e de fácil acceso de materiais de axuda para a web 2.0.

O blogue educativo

View more presentations from MANEIRO

Titorial Blogger.Iniciación

View more presentations from Profesor Xacobo de Toro, Consellería de educación, Xunta de Galicia

Eduardo Pondal revisitado no ‘Hino de Galiza’ de El Puto Coke
En plena actualización de artigos do arquivo deste blogue, que precisa unha revisión de ligazóns, vídeos e outros materiais que logo de tanto tempo foron caendo ou sendo eliminados da rede, din coa nova da publicación do novo álbum do rapeiro vigués El Puto Coke, que en Coke Céspedes fai unha nova versión hip hopeira do himno galego, que nos remite a dúas entradas (unha e dúas) do primeiro ano de vida do Caderno de Lingua.

En Galiciaflow dánnos máis detalles do tema (as colaboracións son de luxo):

Segundo nos conta o propio Coke, esta canción conta cun sample do grupo Ialma (fillas de emigrantes galegos en Bélxica), con guitarras de Isaac Garabatos, Wöyza nos coros, Dj Fabián nos scratches e Anxo Lorenzo á frauta e á gaita. Ademáis, ó comezo do tema colabora o grupo afrocubano Cabildo Componedor ás voces e á percusión.

El Puto Coke, que nos últimos anos produciu rapeir@s do colectivo Licor Café como Wöyza, que tamén participa neste novo disco xunto a artistas como Iván Ferreiro (coñecedes Bocata e futbolín? Canción obrigada para a Xeración Xabarín) e Gran Purismo (obrigada tamén a recreación da infancia de Pardeconde que popularizou o necesario Aberto por reformas de Xurxo Souto), xa transitara polo galego con temas como “Irmán” ou “G-g-A-a-LEGO”, letras combativas que chaman polo orgullo e combaten os prexuízos.

Seguro que os/as compañeiros de Son de Poetas, a antoloxía da poesía galega musicada, non han tardar en engadir esta nova versión do poema de Pondal nese proxecto que xa é referencial para as aulas de lingua e literatura.

O Valedor xa ten a quen lle escribir
A cousa comezou tal que así, foi recollida desta maneira tan obxectiva polos medios e provocou numerosas reaccións, mais sobre todo unha, compracente e parcial, que rematou nisto. Daquela, moitas persoas e entidades diversas queixáronse ante o Valedor do Pobo, que aínda que non acostuma tramitar as denuncias sobre a discriminación que padecen os galegofalantes, e nin sequera as queixas feitas contra el mesmo, parece que remitiu nos días pasados unha resposta tipo (cónstame que houbo queixas formuladas dende diferentes puntos de vista) na que trata de xustificar a súa actuación con escusas de mal pagador, como que non ordenou retirar o libro (o político que orixinou a denuncia dixo o mesmo) e, como sinala no último parágrafo, que o libro en cuestión non é moi rigoroso xa que nun mapa se sitúa Compostela á altura das Mariñas; descoñece que Vicens Vives é unha das editoriais con máis solvencia científica entre os docentes da área de Coñecemento do Medio, Ciencias Sociais e Xeografía e Historia? Se de erros falamos (e nun libro de texto pode habelos se temos en conta que traballan moitas mans: autores, ilustradores, maquetadores, correctores, etc.), podía comezar por revisar os seus propios textos.

Vaiamos unha vez máis á Carta Xeométrica para dispoñer dunha análise lúcida e novidosa da resposta do Valedor: 3.1 versus 5.1.

Cando os prexuízos ideolóxicos gobernan un país
O pasado martes o presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, fixo unha nova escala nesa turné sen fin polos medios madrileños á que nos ten acostumados dende que accedeu ao goberno. Desta volta estivo nun programa da televisión de El Mundo, Veo TV.

Polo dito, o ocultado, e polo que se entende entre liñas, a intervención de Feijóo explicita perfectamente as liñas mestras do seu ideario ideolóxico-político, e a súa acción política nestes case tres anos, no que respecta á lingua galega.

O decreto 79/2010, aprobado unilateralmente polo seu goberno malia o rexeitamente practicamente unánime de todos os axentes do mundo do ensino (organizacións sindicais, colectivos de docentes de diferentes áreas de coñecemento, asociacións de directores de centros públicos, asociacións de nais e pais, colectivos de renovación pedagóxica e o Consello Escolar, ademais da RAG e o Consello da Cultura entre outras entidades), define un modelo educativo que é o “menos malo dos sistemas” no marco da lexislación actual, segundo o noso presidente. Como cita o propio Estatuto, que acaba de ser cuestionado polo propio Valedor do Pobo, parece abrir unha vez máis a porta a mudanzas lexislativas de grande calado pois parece que o “problema” está no Estatuto ou, no seu defecto, a Lei de Normalización Lingüística de 1983, que vén sendo cuestionada por sectores do seu partido dende hai varios anos a raíz da polémica toponímica ou do propio Decreto para o Plurilingüismo, que na opinión dos xuristas atenta contra os seus principios básicos (vid. informes e análises aquí).

De especial gravidade son as afirmacións (a partir do 2’34″) de Feijóo cando, despois de defender a consulta ás familias para escoller a lingua en Infantil, sinala que se se dese opción de escolla lingüística entre un idioma e outro ás familias a situación evoluiría cara a un sistema diferente, “de tal forma que os galegofalantes quererían que os seus fillos só estuden en galego, os que falan español só en español e nos colexios e nos recreos habería, entre comillas, os alumnos nacionalistas e os alumnos non nacionalistas”. Esta aseveración verbaliza perfectamente, na miña opinión, a política educativa que vén aplicando dende hai case tres anos o goberno Feijóo. Equiparar a escolla do galego nunha enquisa como a que se fai en Infantil, ou nunha posíbel elección entre eses dous modelos, cunha determinada opción ideolóxica é falsa, como sabe calquera galego, e sectaria. Feijóo acaba de demostrar que na súa “cruzada” contra determinada opción ideolóxica a lingua forma parte desa “batalla”, de aí a teima persecutoria contra o idioma. O primeiro é lexítimo, o segundo non o é, é máis: é profundamente antidemocrático por moito entrecomillado que faga.

Nesta longa resposta tamén dá a entender que as persoas que desexan separar os alumnos e as alumnas por aulas en función da lingua escollida, ou falada, son as familias que optan polo galego: na actual enquisa “decídese, polo único sistema que coñecemos, que é o maioritario, se se ensina a ler e escribir en español ou en galego, e en moitos casos decídese que é o español, e sentímolo para aqueles que prefiran o galego. Lamentabelmente non imos nin duplicar profesores nin duplicar clases”.

Por último, cae nunha profunda contradición ao falar da introdución do inglés, que xa foi sinala por detractores, e mesmo por defensores, do Decreto para o Plurilingüismo. Primeiramente, sinala, para vender o seu decreto ante o propio presentador, os contertulios habituais e aqueles sectores da audiencia dese programa que poidan pensar que Feijóo recuou nas súas promesas electorais de lingua á carta no noso sistema educativo, que o alumnado de Primaria e Secundaria pode escoller a lingua que desexe para se dirixir oralmente ao profesor ou para redixir os seus traballos e probas escritas nas materias que non sexan lingüísticas (artigo 12.3 do Decreto 79/2010). Logo, como xa lle escoitamos anteriormente, ao igual que ao Secretario Xeral de Política Lingüística, recorre coma sempre ao inglés para disfrazar unha lexislación que o que persegue é reducir a presenza do galego no ensino. Todos sabemos que para adquirir competencia nunha lingua estranxeira, tamén nun idioma minorizado como o galego, é fundamental a inmersión, neste caso, nas materias que sexan impartidas nesas linguas. As seccións bilingües, e agora os denominados propagandisticamente centros plurilingües, ensaian esta fórmula para o inglés (fundamentalmente) en materias como Educación Plástica e Visual, Coñecemento do Medio, Educación Física, Bioloxía ou Ciencias Naturais. É de supoñer que a fórmula ideal pasa porque o alumnado interactúe oralmente na aula, nos traballos e nos exames, en inglés. Para esta contradición non teñen resposta (lembremos o vídeo As aulas e o despacho, a partir do minuto 6’30″). Esta inmersión négase para o galego ocultando que a competencia en comunicación lingüística é tranversal, que se adquire en todas as materias e que pode ser avaliábel polo profesor de calquera delas. É, ademais, un dos fins fundamentais da LOE, que sinala que o alumnado debe rematar o ensino sendo competente en ambas linguas oficiais, outra lexislación vulnerada polo Decreto 79/2010 e que, como reflicten os datos (só hai que repasar os resultados desiguais en galego e castelán na avaliación de diagnóstico ou o estudo Situación do ensino da lingua e a literatura galega na ESO), cada vez estamos máis lonxe de conseguir para a totalidade do alumnado galego.

Análise de distintas ferramentas de creación de contidos educativos na rede
Durante a segunda quincena de novembro desenvolveuse no Centro Autonómico de Formación e Innovación da Consellaría de Educación o curso “Competencia comunicativa e dixital nas áreas de Lingua”, dirixido ao profesorado de lingua galega e castelá co obxectivo de reflexionar sobre a integración das TIC no desenvolvemento da competencia en comunicación lingüística nas aulas de linguas a partir do coñecemento dalgunhas experiencias, dunha boa escolma de boas prácticas, de secuencias didácticas de traballo co alumnado e de  determinadas ferramentas. Foi unha mágoa non asistir como alumno aos relatorios de compañeiros e compañeiras aos que sigo como Rosa Salgueiro, Luciano Fernández ou Loly Lago, alma mater do imprescindíbel O Segrel do Penedo, mais a través da Aula Virtual do CAFI podemos acceder aos seus materiais.

Pola parte que me toca tentei formular unha primeira reflexión e posta en común sobre algunhas implicacións metodolóxicas que debemos ter en conta ao integrar as TIC na nosa práctica profesional, cando menos como visión persoal e, polo tanto, parcial, non madurada teoricamente e resultado da vontade máis que da experiencia.

A seguir, durantes as dúas sesións do 18 e 21 de novembro, fixen un repaso por un abano de actividades de aula elaboradas con diferentes ferramentas da web 2.0 (wiki, Timerime, Mindomo, Glogster, Prezi, GoAnimate!, Toondoo, Showbeyond, VúVox, MapVivo e podcast) contextualizándoas na nosa área para comprobar se responden ao traballo das destrezas lingüísticas e microcompetencias máis directamente presentes na nosa materia. Para iso, establecín unha clasificación textual que contempla textos para aprender, textos para se expresar e textos para se comunicar tendo en conta o produto final e a súa intencionalidade comunicativa, malia que esas aplicacións citadas poden empregarse para obter textos moi diferentes.

Para acceder a esta presentación multimedia elaborada con Prezi, hai que premer na imaxe, xa que WordPress non permite embebela, nin sequera a través de VodPod como se facía antes.

Destacaría por riba de todo o catálogo de traballos que recollo na presentación, mentres que para coñecer un itinerario sistemático de relevancia didáctica recoméndovos vivamente esta entrada, e as súas bifurcacións, do blogue Remexer na Lingua.

E con este artigo cumprimos hoxe catro anos de vida deste Caderno de Lingua.