Dende o IES de Porto do Son achegamos uns recursos moi modestos para a celebración do Día das Letras Galegas 2010. Co fin de coñecermos a obra e a vida de Uxío Novoneyra, os Equipos da Biblioteca e Normalización e Dinamización Lingüística, xunto co Departamento de Lingua Galega, convocamos un concurso de poesía visual no que alumnado recreará os versos do poeta do Courel por medio de caligramas e colaxes. Para iso, ademais de acudir aos materiais e recursos que numerosos docentes e colectivos poñen á disposición de toda a comunidade educativa galega, elaboramos unha breve antoloxía da poesía do autor, que inclúe composicións de diferentes graos de complexidade para a ESO e o Bacharelato, e unha presentación sobre as técnicas creativas do caligrama e a colaxe.
Procura
Arquivo
Categorías
Lingua e ensino
Literatura
Música GZ
Varia








Pingback: Tweets that mention Para traballar a poesía de Uxío Novneyra « Caderno de Lingua -- Topsy.com
Ola
Gustaríame que aceptases este agasallo.
Unha aperta.
A Profa ten un agasallo para o Caderno de Lingua.
http://aprofa.blogspot.com/2010/05/vale-pena-ficar-de-olho-nesse-blog.html