De noso
Publicado por romanlandin on Maio 16, 2009
O galego que non fala
na lingua da súa terra
non sabe o que ten de seu
nin é merecente dela
(“Da vella roseira”, Victoriano Taibo)
Mañá 17 de maio celebraremos o Día das Letras Galegas manifestándonos en Compotela en defensa do noso idioma. Poque o galego é a nosa columna vertebral, o idioma que nos une. Vén cada nós, para expresarmos todas e todos xuntos que queremos vivir en galego.
Adherímonos así mesmo ao “Manifesto pola convivencia lingüística e a igualdade de dereitos para o galego“, promovido por A Mesa pola Normalización Lingüística.

















