Caderno de Lingua

Blogue de Aula de Lingua Galega e Literatura

Feijoo elimina o Decreto 124/2007 pola vía dos feitos

Publicado por romanlandin on Abril 29, 2009

Segundo informa hoxe o Faro de Vigo, o novo presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijoo, ordenou enviar unha circular da Consellaría de Educación á Inspección Educativa para que comunique inmediatamente aos centros a derrogación “de facto” do decreto que regula e promociona a lingua galega no sistema educativo galego ao “repoñer os dereitos civís” do alumnado e ao profesorado. Logo de consultar cos xuristas, Feijoo elimina a distribución curricular marcada no Decreto 124/2007 para que o alumnado e o profesorado faga uso dos idiomas. Con esta medida, a chamada á procurar un novo consenso en torno a esta cuestión anunciado a semana pasada polo Conselleiro de Educación, Jesús Vázquez, queda invalidada ao decidiren de maneira unilateral esta medida.

 

A Coordinadora Galega de ENDL censurou esta medida que rompe o consenso acadado no PXNLG aprobado por unanimidade no Parlamento Galego en 2004. Na opinión deste colectivo, esta orde elimina espazos de uso para o galego nos centros.

Fonte: Na Lingua de Tod@s.

Deixa un comentario

XHTML: You can use these tags: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <pre> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>